Le galizaelectronica en:

EN PORTUGUÊS

EN CASTELÁN

Nota: Para cambiar de idioma facelo sempre desde a páxina de inicio en galego

Entrevistas

Entrevista a Dj Fabi, ler máis

Entrevista a Jesus Del Campo, ler máis

Entrevista a Klez, ler máis

Mirar todalas entrevistas [..]

 

 

Reportaxes

Reportaxe sobre discoteca Queen, ler máis

Mirar todalas reportaxes [...]

Webs Amigas

Galizaelectronica en:

Novo album de Monika Kruse Imprimir Correo-e
Escrito por Lorena RK   
Venres, 04 Xullo 2008 11:40

Despois dalgún tempo volvemos a ter noticias desta gran DJ. Monika Kruse xa rematou o album no que estaba traballando dende fai tempo, Changes of Perception. O productor deste album é Gregor Tresher e deixa constancia en cada tema do seu son persoal.

Este traballo publicarase no seu propio selo Terminal M, onde xa sacara anteriormente algúns temas que anticipaban o que sería este album.

O tracklist queda así:

Ler máis...
 
Nova proposta musical en Vigo Imprimir Correo-e
Escrito por Lorena RK   
Venres, 04 Xullo 2008 11:26

Inaugúrase en Vigo un novo espazo dedicado á música electrónica, Submondo, situado nos baixos de Mondo.

Os seus residentes serán DJ´s coñecidos da propia localidade como Frank Rodriguez, Lady B e DJ L, que eles mesmos serán os que inicien a andadura este Venres 4.

Ler máis...
 
My girl... non me fai caso Imprimir Correo-e
Escrito por Paninaro   
Mércores, 02 Xullo 2008 16:18

My girl é unha canción do grupo de ska-pop Madness, que os Pet Shop Boys acaban de versionar para un concerto que tivo lugar no club Heaven de Londres o pasado dous de maio, e no que subiron ó escenario acompañados polos membros do grupo para tocala en directo.

Máis que unha versión trátase case dun tema novo, pois pouco ten que ver ca orixinal e é cantada polo seu vocalista, Neil Tennant, con música totalmente electrónica. Velaí as tres:

-A nova versión de Pet Shop Boys -a imaxe do video é unha montaxe dun afeccionado- (click aquí)

-A canción en directo, no concerto (click aquí)

-A orixinal de Madness (click aquí)

Ler máis...
 
Horarios do Monegros Festival 2008 Imprimir Correo-e
Escrito por Lorena RK   
Mércores, 02 Xullo 2008 15:03

Estamos a unha semana do gran festival. Galizaelectronica estará alí para ofrecervos a reportaxe deste gran evento, con fotos, videos e resumos das sesións dos DJ´s. Os próximos días publicaremos todalas noticias referentes ó Monegros que vos poidan interesar.

 De momento para ir abrindo boca aquí vos deixamos cos horarios:

Ler máis...
 
Wally Lopez no selo Jesus Loved You Imprimir Correo-e
Escrito por Lorena RK   
Martes, 01 Xullo 2008 11:04

Valentino Kanzyani é o creador do selo esloveno Jesus Loved You. Neste selo edítase ese Minimal case Techno que tanto Marko Nastic como o propio Kanzyani puxeron de moda. Poderemos encontrar o remix do tema mitico Nueva York a mans de David Squillace, Tomy Declerque e F. Sonik.

Nos próximos días verá a luz Kaffana firmado por Space Explorers e o novo traballo do español Wally Lopez que é Wideband EP, que os remixes correrán a cargo de Mark Broom e Sushi Kijada.

Ler máis...
 
Novo maxi de Elton D Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 
Escrito por Lorena RK   
Luns, 30 Xuño 2008 13:36

O productor hardtechno Elton D e o seu compañeiro Snoo acaban de publicar un maxi que se chama Sexy Future EP. Consta de tres temas dos mais funkies e duros que se poden encontrar na actualidade no mercado. Trátanse de Glitches, Broken e Sexy Future.

Ler máis...
 
A separación de British Murder Boys Imprimir Correo-e
Escrito por Lorena RK   
Luns, 30 Xuño 2008 13:20

A 5 minutos da última actuación dos British en Holanda, Regis desapareceu misteriosamente sen dicir nada, facendo que Surgeon empezara o set el só. Durante unha semana estiveron intentando poñerse en contacto con Regis e o cabo duns días recibiron un mail no que Regis renunciaba a seguir co proxecto dos British argumentando que non podía aportar nada novo ó grupo. Unha decisión que moita xente non entende, sobretodo a súa forma de facer as cousas.

Ler máis...
 
Children de Robert Miles Imprimir Correo-e
Escrito por Paninaro   
Luns, 30 Xuño 2008 06:28

Children (nenos) é unha canción de Robert Miles que saíu como single o 4 de setembro de 1995. Posteriormente sería incluída no seu primeiro álbum, Dreamland (1996).

Este single marcou o nacemento dun novo xénero musical, a música dream, que acadaría gran éxito na segunda metade dos 90.

A orixe da canción está nos accidentes que se producían á saída das discotecas e after hours, nuns anos onde comezaban a ter éxito as primeiras raves nocturnas de fin de semana.

Ler máis...
 
Programación completa de Zoo Club Imprimir Correo-e
Escrito por Alberto   
Sábado, 28 Xuño 2008 14:10

CONSULTA A PROGRAMACIÓN COMPLETA DE ZOO CLUB

 
Cumpreanos de Pablo C en discoteca Area por todo o alto! Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 3
RuínMellor 
Escrito por Alberto   
Venres, 27 Xuño 2008 19:23

O venres 4 de xullo celebrase na discoteca Area en arcade o cumpreanos de Pablo C con deejays como: Dj Neil, Charlie, Son1c, Jesus Del Campo, Juanky, Gugy, Franh, Michi e moitos máis.. ademais de animación, gogos..

 

click para ampliar
click na imaxe para ampliar

 

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 17

Subscríbete por email

Escriba a súa dirección de email:

Delivered by FeedBurner

Enquisa

Queres que Galizaelectronica faga unha radio por internet?
 

Por un dominio galego

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Usa Firefox

Mozilla Firefox

¿Quen esta en liña?

Temos 7 convidados en liña
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.
RocketTheme Joomla Templates
Mi WebRank -->habitamos --> Anuncios Clasificados Gratis