Este ano Vigo non vai quedar sen unha gran festa de Verán. Botz & Flydrums e Pablo Méndez presentannos a primeira edición do Nglobe Festival. Un evento que recollerá o mellor House da actualidade, cun cartel e posta en escea por todo ó alto. O propio Pablo Méndez encargarase do show visual coa actuación dos seus performances, contará cuns sete lasers e pantallas visuais colocadas nun gran escenario no IFEVI preparados para a ocasión.
O festival será o día Sábado, 1 de Agosto no recinto do IFEVI, cun prezo de 35 € con todo este cartel de riguroso luxo:
Erick Morillo + David Guetta + Funkerman + Sebastian Ingrosso + Fedde LeGrand + Miguel Vizcaíno + Darío Núñez + Damian Wilson + Dani Villa
Dende Galizaelectronica estaremos moi atentos a este festival para informarvos das últimas novidades.


Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza