Cartel

Vídeos Nglobe

 

nglobefestival
Botz & Flydrums

http://www.myspace.com/botzflydrums

Cada tipo de música está definida por unha ou dúas características notables. No caso do house, sen dúbida, estes trazos son a calidade e a forza da percusión. E se alguén o demostrou, eses son Botz & Flydrums.

Dende hai nove anos, regalaron ás pistas de medio mundo sons de calidade para os oídos dos que saben escoitar, con esa calidez personificada no respecto
yamor á música de Botz, acompañado polos inigualables sons da maxistral percusión de Flydrums.

A súa andaina deu comezo case por casualidade, cando
Botz, dj dende había máis dunha década, decidiu afastarse da heteroxénea variedade de música que o acompañaba nos seus birlos para centrarse e dedicarse á electrónica. Para iso, decidiu que necesitaba un percusionista. Ninguén mellor que Flydrums para levar a tarefa a cabo, músico de profesión e mestre de todos os estilos.

A partir de aí, non pararon de conquistar pistas de baile en España e o estranxeiro. Tralo encontro co que sería o seu técnico durante sete anos,
Roger, acudiron á presentación de Máxima FM en Valencia, onde coñecen a dj Chus co que pecharon o contrato para o seu primeiro disco, editado con Stereo, logo cruzaron o charco para asistir á primeira edición da Winter Music Conference de Miami, na que repetirían todos os anos seguintes. A súa carreira colleu impulsou e despegou con forza tras ser invitados a Singapore, co que o nome de Botz & Flydrums empezou a soar con forza polos locais máis recoñecidos de España e noutros países, como Rusia ou Colombia, onde estiveron en varias ocasións e chegaron a actuar fronte á chilindrada de 50.000 persoas.

Pero a súa presenza vai máis alá dunha cabina. Despois de
Celtic Rain, en 2005, sacaron outro track, 4 Elements, tamén producido por Julian Poker e, hai cinco anos, aventuráronse, xunto a Pablo Méndez, coa creación do concepto Nglobe, un monstro de organización de festas que crecería para converterse en 2006 na polifacética empresa que é actualmente. Nglobe conta co Nglobe Playa Club e, máis recentemente, con Nglobe Sundays, locais nos que son residentes e que reciben cada fin de semana a visita de máis de 2.000 ngloge-adictos. Engadiron tamén ás súas actividades Nglobe Management, o seu medio para representarse e para traernos a artistas de todo o mundo, casa de Loca FM.

Cos seus clubs en marcha, seguen traballando na súa carreira e incorporan a Dani Villa no grupo, o seu actual produtor e terceira cabeza do aka BFD, co que editaron, Reise, de The Mansion Records, selo do prestixioso produtor español David Tort. Tamén como BFD nace Sounds of my head, editado con Essential House propiedade de Darío Núñez que, ademais, achegou unha remestura do tema da súa propia man. Por se fose pouco e para non deixar de crecer e expandirse, Botz & Flydrums acaban de asinar con CR2, selo onde editan os seus discos artistas como Fedde Le Grand, Kurd Maverick ou Steve Angello, entre outros, cunha remestura para Dj Wady - Hulk. Despois virán Dexter como BFD e Ta bo xa como Dani Villa Vs. Botz & Flydrums.

Xa fixeron bailar a medio mundo, pero aínda queda outra metade que, se sabe escoitar, non poderá evitar converterse, tamén, en
nglobe-adicta.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy