Vídeos Nglobe

 

nglobefestival
Miguel Vizcaíno

http://www.myspace.com/djmiguelvizcaino

Foto sacada de: http://www.fridaysproject.comCon máis de 20 anos como profesional, Miguel Vizcaíno é actualmente un dos dj's con máis experiencia de España no mundo profesional da música de baile. Sempre vangardista e por diante das tendencias do mercado, foi pioneiro en introducir o son House en España. Foi home de radio, "Businessman" en compañías discográficas (SONY, BMG, EMI) e a aparecido/colaborado en numerosos artigos e reportaxes de publicacións especializadas.


Desenvolveu diferentes facetas dentro do mundo da música e a comunicación, as súas influencias déronlle o carisma e a cultura musical que logo plasma en cada un dos seus sets e producións; pero onde mellor desenvolve todos os seus coñecementos é na pista de baile.

A súa relación coa illa de Eivissa é intensa dende hai anos; por cuarto ano consecutivo a sido dj nos prestixiosos premios "DJ AWARDS" de "PACHA EIVISSA", é o Dj/produtor oficial dos recompilatorios anuais "MADE IN EIVISSA" (Vendeta – Blanco y Negro), a marca que dende a illa branca transmite a todo o mundo o autentico espírito musical da illa.

Gañou con Máxima FM tres premios Dj Mags, 2 Dj One's e 1 Dj Awards.

Dirixe e produce o programa "Clímax" en MAXIMA FM a radio-dance nº1 en España dende onde se converteu no referente do son Deep House en todo o país e comparte cabina con dj's como Roger Sánchez, Carl Cox ou Wally López.

No terreo da produción publicou o seu novo traballo Da Groove feat. Miguel Vizcaíno "This is how I feel", gravado integramente en Londres e lanzado internacionalmente polo selo de Nova York "Ospina Digital". Sen saír ao mercado xa foi Top 5 en charts, "tema da semana" en "Wold Dance Music" de "Os 40 principales" e apoiado polo programa "La Roca" de Máxima FM.

Está a preparar novos temas e colaboracións con produtores de España, Inglaterra e EUA.

Creou a súa festa "ObSessions", un concepto con personalidade 100% Club House que se expandirá polos mellores clubs do país cunha posta en escena propia e unha filosofía Cool & Sexy.

"A festa está que arde".


Grandes Eventos:

- Independance (Festas do Pilar - Zaragoza ) 200.000 persoas



smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy