Vídeos Nglobe

 

nglobefestival
Sebastian Ingrosso

Sebastian arrancou nunha das súas primeiras incursións no mundo musical no estudo do seu pai (Sebastian provén dunha moi coñecida familia de orixe italiana), a mediados dos anos 90; uns anos antes de que "Freshly Squeezed" en Maio de 2001, e "Echo Vibes" en Outubro de 2002 visen a luz. Estes primeiros e prometedores EPs foron creados con Steve Angello e lanzados por Joia Records, outro dos "tentáculos" da familia Ingrosso.

Recollendo moitas e definidas influencias, tales como
Daft Punk "Homework LP", e outros artistas como Todd Terry, Dj Sneak e Carl Craig, Sebastian abriu o fío dun camiño pleno de aventuras e desenlaces innovadores na súa carreira. Vén agora "Echo Vibes", que pronto se converteu nun grande éxito, o disco foi mesturado polo seu amigo sueco Eric Prydz, con quen ata a data mantivo un contacto permanente. De feito hoxe Sebastian, Steve Angello, Eric Prydz e Axwell coñécense colectivamente como a "Mafia House Sueca" - un nome moi familiar no mundo da música dance. Eles manteñen na actualidade fortes lazos de amizade e traballo.

A partir de aquí,
Sebastian dedicouse con verdadeiro entusiasmo á produción (a súa verdadeira paixón). Chegaron así, "Get It Back", "Shake" e "Yo Yo Kidz" en 2004 co seu propio selo: "Refune".

Seguiron unha serie de innovadoras producións house que "alertaron" definitivamente a toda a comunidade musical mundial.

Sebastian percorreu as mellores salas de todo o mundo, dende Johannesburg a Jakarta, levantando "aires" de admiración e talento alí onde pisaba.

Pero é en 2005, en
Pacha Ibiza, xunto a Erick Morillo cando a súa fama e apertura se traslada a todos os cantos a través das famosas "Subliminal Sessions".

Recordade tamén "Subliminal
Sessions 8" a compilación do verán de 2005 con Steve Angello, un explosivo e innovador son que deixou "pampo" a máis de un na escena musical do momento.

Clubs e chegadas con nomes tan coñecidos: (Miami's BANG! Music Festival, e KISS FM anual en Kiev). A principios de 2006, Ministry of Sound, The Mix, Londres, París... Global Gathering, Coloursfest, Creamfields Festivals... EUA América do Sur, Canadá, Australia, Asia...

Temas como Cirez D's "Teaser" e Tony Senghore's "Peace" dentro de "Ingrosso Mix" (recoñecidos como verdadeiras "bombas" innvadoras coa súa carga "acid" "progressive"), serviron para despexar dunha vez as dúbidas sobre a verdadeira evolución de Sebastian e o seu "movemento".

Pete Tong tamén se fixou neste par de "mozotes" (Sebastian Ingrosso e Steve Angello), invitándoos a participar nun Essential Mix para a famosa Radio 1 de Reino Unido. Ano máxico 2005, cando tamén na súa "querida" Suecia, consegue o "Dance Music Artist of the Year", da radio P3, galardón que previamente lograra outro compoñente da "Mafia House Sueca": Eric Prydz.

Definido polos seus propios "colegas" como "apaixonado, intelixente, independente, con talento... ",
Sebastian Ingrosso segue, e ten seguido, e seguirá... e aínda dará moito que falar.. e moito que oir...

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy