Fedde LeGrand naceu en 1977 en Utrecht, Holanda. De mozo comeza a interesarse polo mundo da música electrónica e, tras facer varios traballos en diversos clubs, comeza a ter fama cando empeza a traballar no Danssalon de Eindhoven. A partir de aí a súa carreira progresa e en 1998 empeza a realizar xiras por diversos locais holandeses.
Comeza a producir música dende o ano 2001, a cal usa durante as súas actuacións, e en 2004 forma equipo xunto con Funkerman e Raf para crear un selo musical, Flamingo Recordings, co que lanza a maioría dos seus temas. Ademais, mantén relación con discográficas como Ministry of Sound ou Defected.
No ano 2006 publica o seu singre Put your hands up for Detroit, co que se fai coñecido internacionalmente. A partir de aí comeza a facer colaboracións con outros artistas dos cales remestura os seus temas, tales como Camille Jones, Ida Corr ou Robbie Williams, e realiza xiras e actuacións por todo o mundo. Tamén grava varios álbums como un recompilatorio das súas sesións para Ministry of Sound, e outro do seu club Sneakerz en 2006.
Fedde lle Grand actuou no escenario de Ámsterdam del Live Earth o 7 de Xullo de 2007, coa canción Mirror 070707, para a que contou coa colaboración da danesa Ida Corr. A ela produciulle o seu single Let me think about it, publicado o 25 de setembro de 2007, e que tivo boa acollida entre o público, alcanzando o número 1 na lista Billboard de dance nos Estados Unidos.
Vídeos Nglobe

Visita myspace oficial: http://www.myspace.com/nglobefestival
| Fedde LeGrand |
|
Comentarios (0)
![]() Facer comentario
|

Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza