Presentación de SónarGalicia 2010. Tódalas claves.
Escrito por Martin   
Xoves, 25 Febreiro 2010 13:41

GalizaElectrónica acudiu esta mañá á rolda de prensa de presentación do Sónar Galicia 2010 - Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia que tivo lugar no ExpoCoruña.


Como xa comentamos onte, contouse coa participación de Ignacio Santos, director xerente de Xacobeo 2010, Ricard Robles, codirector do Festival Sónar e, Ana Montes, directora xerente de EXPOCoruña.

Na charla puidimos comprobar de primeira man cales son os plans planeados para o desembarco do Sónar en Galicia con motivo do ano Xacobeo 2010.

Primeira diferencia ca edición de barcelona, non haberá SónarDia / Sónar Noite. En lugar de ter dúas localizacións diferentes como na cidade condal, decidiron facelo todo no mesmo recinto (ExpoCoruña) aproveitando os distintos espacios dos que dispón. Así, os tres días, comezará ás seis da tarde, sendo o xoves o día máis curto, terminando á unha da mañá; mentres que venres e sábado terminará as 5 da madrugada. Dende as 6 ata esa hora, iranse engadindo espacios/escenarios.

O festival contará con 3 escenarios (SonarVillage, SonarClub e SonarComplex) polos que pasarán máis de 30 artistas, un espacio expositivo onde poderanse ver obras de SonarMática e un auditorio para as proxeccións de SonarCinema.

Sónar presentará, aquí en Galicia, as actuacións de Air, LCD SoundSystem, Laurent Garnier, Hot Chip, Matthew Herbert, 2manydjs, Flying Lotus, Fuck Buttons, Broadcast, Kid Koala, Booka Shade, Dj Mehdi + Riton, Uffie ou Octa Push.

Ademáis, contará cunha importante mostra da escea musical galega contemporánea, a través de varios dos seus máis sólidos e interesantes representantes, como son Mweslee, Bflecha, 6pm, Fluzo, Ino, Grobas ou Cora Novoa, entre outros.

Na área expositiva, SonarMática Galicia expón os traballos multimedia de Horacio González e Berio Molina, entre outros artistas pendentes de confirmación.

Podedes atopar aquí mesmo a programación actualizada do festival.

Os prezos serán bastante económicos, tendo en conta a magnitude do evento. Serán 15 euros o xoves, 20 o venres e 25 o sábado. Tamén haberá un bono polos tres días que custará 50 euros.

Podedes atopar toda a información na web oficial do Sónar.

Seguiremos informando conforme vaian saindo noticias. Estade pendentes de GalizaElectrónica, pois aínda quedan moitas sorpresas por coñecer.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon