Sonarcinema Galiza, música para os teus ollos

Sonar Galiza FinisterraeSónar 2010 presenta SonarCinema en Barcelona e A Coruña, a sección do festival que este ano se centra en amosar obras audiovisuais que vinculan imaxe con música avanzada.

A mostra presentará na Coruña catro filmes, entre eles “Finisterrae”, a película que dá imaxe a esta edición do festival, dirixida por Sergio Caballero.

Ademais proxectaranse os documentais “Amplified Gesture” (producido por David Sylvian), “Synth Britannia” (produción da BBC sobre o nacemento do synth pop a finais dos ´70) e “Sónar Around The World” (un documental sobre o festival desde dentro, producido por Televisió de Catalunya).

 

“Finisterrae” é a película que dá imaxe a Sónar 2010, protagonizada por dúas pantasmas que viaxan de Barcelona (partindo de Sónar 2009) cara a Finisterre seguindo o Camiño de Santiago co obxectivo de abandonar a súa condición de pantasma e devir efémeros como o resto de mortais. Dirixida por Sergio Caballero, a película está concibida ao revés de como adoita ser habitual (primeiro as imaxes; despois, o guión), e toda ela está cuberta dunha atmosfera, un humor e unhas imaxes nada comúns no cinema de hoxe.

Concibido como complemento audiovisual de “Manafon”, o último disco de David Sylvian, “Amplified Gesture”, dirixida por Phil Hopkins, profunda na arte da improvisación falando con algúns dos seus principais referentes, moitos deles tamén presentes no álbum do músico británico: Evan Parker, Keith Rowe, Christian Fennesz e Otomo Yoshihide, entre outros.

“Synth Britannia”, dirixida por Ben Whalley, recupera un momento histórico recente da música no Reino Unido documentando o nacemento do synth pop a finais dos 70, en pleno vórtice punk, a través dos seus protagonistas: Depeche Mode, The Human League, Daniel Miller, OMD e moitos máis.

Documentar un ano -2006- da historia de Sónar. Esta foi a intención de Josep Maria Salat e Jofre Font, responsables de “Sónar Around The World”, un excelente documental producido por Televisió de Catalunya que mergulla nas entrañas do festival en Barcelona e nos eventos de Sónar en Buenos Aires, Tokio e Seúl.

FINISTERRAE - Trailer 2 from Sónar on Vimeo.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon