Previa do Venres en Sonar Galicia

O Venres, Sonar volverá abrir as súas portas á mesma hora, seis da tarde, e manterá o escenario do día anterior, SonarVillage, añadindo outro escenario máis durante 5 horas, o SonarComplex, no que disfrutaremos de dúas bandas máis un directo audiovisual, que pasaremos a comentar un pouco máis adiante.

Así as cousas, a tarde comezará no SonarVillage a ritmo de dubstep con Pau Encinas, coñecido neste mundillo por Cauto. A súa música mestura á perfección graves profundos con toques de IDM, sonoridades afables e unha musicalidade que emana directamente da súa formación de solfexo e violín.

As sete e media será o momento no que os ingleses de Fuck Buttons suban ó escenario, conecten toda a súa maquinaria e comecen a esculpir a súa bizarra concepción do ruido e/ou do pop. Música chea de sons cósmicos, ruídos enxordecedores e melodías hipnóticas.


Despois será o turno de todo un clásico das noites coruñesas, un, como el mesmo se define, coleccionista de vinilos, Dj, promotor e arqueólogo musical. Interesado na música negra en xeral, este Fat Fish proporanos unha viaxe polas últimas formas do dubstep, pero con paradas non anunciadas no jazz e tantos outros lugares intermedios.

Seguimos con música electrónica para aqueles que a saborean sen prexuízos, os cales saberán apreciar a grandeza de The Slew featuring Kid Koala, unha banda formada por os músicos australianos Chris Ross, Myles Heskett (de Wolfmother) e o dúo de DJs –¡con nada menos que 6 pratos!– vertendo sobre o escenario unha verdadeira avalancha de riffs de guitarra, blues sucio, rock salvaxe e cut-ups para caer de costas.

 

Como quen non quere a cousa poñémonos nas once da noite, onde terá lugar un dos dóus pratos para gourmets da noite, con permiso do resto de artistas. O sempre xenial e excéntrico Matthew Herbert. O músico inglés presentará o seu último disco, “One Club”, un regreso ás súas raíces como mestre da pista e unha celebración da música de baile ao grande. O disco está realizado a partir das gravacións de ambiente dunha noite nun club alemán, nas que captura todo tipo de mostras, dende o son da xente bailando ata risas, sintonías de móbiles e multitude de momentos sonoros. Un proxecto altamente singular, en que contou en todo momento coa complicidade da audiencia, conseguindo así unha orixinal recreación da atmosfera de club e establecendo unha interesante analogía do forte vínculo que se establece entre a figura do DJ e o público.

 

Despois do magnífico Herbertt, será o turno do Coruñés Dj Ino, que buscará, como de costume, os puntos de conexión entre o house de corte elegante e os ingredientes fundamentais do jazz nun sentido máis amplo. Será unha hora de seriedade, elegancia e clarividencia tralos pratos, que servirá á súa vez como warm-up a un dos grandes artistas da electrónica contemporánea.

 

Ese francés coñecido por todos polas súas sesións eclécticas, nas que tanto pode soar house, techno, rock, drumm&bass ou o que lle apeteza no momento, e sempre deixando constancia da súa destreza ós pratos. Falamos de Laurent Garnier. Máis esta vez teremos a sorte de poder velo sobre o escenario cunha banda de 5 músicos e unha sedutora combinación de sintetizadores e sección de vento. Garnier, que xa estivo no primeiro Sónar fai 17 anos, non quere perderse a oportunidade de tocar o seu novo material en Sónar Galicia. Un luxo.


E a iso das 3 da mañán, chegará Sasha a tomar os mandos da pista co seus progressive house, a camiño entre o ritmo do house e as melodías do trance, de baixos cálidos e melodías, ás veces escuras e ás veces hipnóticas.

Todo isto será o que nos teñen preparado no escenario SonarVillage, mentres que no SonarComplex contaremos, como xa comentamos anteriormente, con dúas bandas.

A primeira en actuar, ás sete da tarde, será O.M.E.G.A. A Orquestra de Música Espontanea de Galicia é un grupo de improvisación libre formado por unha vintena de artistas galegos no que caben dende xoguetes a contos infantís, instrumentos acústicos, música clásica, electrónica, free-jazz, textos e referencias a sons do mundo ou música popular de calquera lugar ou época. Mediante un sistema de sinais convido previamente, a O.M.E.GA transforma en son os xestos do director, con quen conforman unha escultura sonora en tempo real, sempre diferente, dinámica e sorprendente.

 

De seguido, ás nove da noite será o turno de Broadcast, banda de culto orixinada en Birmingham alá polos anos setenta. Simplemente diremos que se o retrofuturismo é un xénero, Broadcast son o seu mellor estandarte. Un show audiovisual que promete ser un dos momentos clave de Sónar de Día.


Para rematar con SonarComplex, ás once da noite terá lugar a actuación de Labrador+P.MA, un espectáculo audiovisual que combina os dotes de dous creadores portugueses, o veterano artista visual Pedro Maia e o produtor de electrónica coñecido como Labrador desde 2005. Neste, o seu show conxunto, o live cinema e a manipulación de imaxes en tempo real encaixan á perfección coas composicións repetitivas de inspiración techno e as escuras paisaxes sonoras que conxura o autor de "África pola Cintura EP".

 

Seguide atentos a todo o relacionado con Sonar na vosa páxina diaria, GalizaElectrónica.com

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon