Festival Aquasella 2009
Avaliación do usuario: / 5
RuínMellor 
Escrito por Diego   
Martes, 30 Xuño 2009 23:26
O festival Aquasella 2009, que celebrará os días 7 e 8 de Agosto en Arriondas (Asturias) no seu décimoterceiro aniversario, xa ten pechado o cartel de artistas participantes. Cada verán Aquasella congrega a moitos simpatizantes da música electrónica chegando nos derradeiros anos ós preto de 30.000 asistentes nas súas instalacións.

 Na que podería ser considerada a edición máis ambiciosa da historia de Aquasella, manterase a mesma estrutura que o ano pasado con tres escenarios ben diferenciados. Estes 3 espazos darán cabida a unha inxente cantidade de artistas que presentarán diferentes argumentos musicais cos que se esperan cubrir un importante número de estilos e propostas sonoras electrónicas.

 

Fuxindo de calquera tipo de superstición, o episodio número 13 de Aquasella pemitirá a aterraxe de artistas lexendarios na onda de Carl Cox ou Francois K, o esperado retorno de Óscar Mulero tras varias edicións de ausencia, o debut dun selector musical cinco estrelas
como Rob Hall e atractivos directos asinados por produtores da talla de James Ruskin, Aril Brikha, Alexander Kowalski, Marc Marzenit, Abe Duque ou Radial.

Especial atención haberá que prestar ás actuacións conxuntas de Miss Kittin and The Hacker, Andrew Weatherall & Ivan Smagghe, así como á posta en escena común de Reeko & Exium.

Non faltarán representantes da facción da electrónica máis dura, os amantes dos sons máis contundentes poderán rasgarse os oídos con Pet Duo, Andreas Kremer, Joc & Spy, Lukas & Fernanda Martins e Obi. Procedente do reverso tenebroso encontrarémonos a Bass Mooy pletórico de facultades.

Non convén deixarse no tinteiro a presenza de nomes asociados ao baile sen concesión. Os Dennis Ferrer, The Martinez Brothers, Wighnomy Brothers, Tobi Neuman e Chris Tietjen prometen facer falcatruadas en cabina.

Por outro lado, Ben Sims, Umek ou Steve Lawler pertencen a esa raza de mesturadores que son capaces de meterse no peto a todo tipo de público. A fórmula para conseguilo?, caldear a pista de baile e conseguir que o persoal se solte ó seu antollo.

O omnipresente Pepo, Agony Forces e Fatima Hajji completan a armada estatal, xunto a nomina de Peacock (David Mallada, Chusso, Richi Risco, Darkrow, Hugo Rolán e Héctor Llamazares). Delgado, Higinio e GR-Kahn
reforzan o cartel co seu máis que demostrada sabedoría tras os pratos.

Para os que vaian, agardamos que gocedes ao máximo deste elenco de artistas nun festival único polo seu entorno.

 

 
VENTA ANTICIPADA:
 
 

 

+INFO:

 

 

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy