
O víspera da noite de Reis, como xa é tradición, conteremos con outro evento 981, promovido por +galicia e co patrocinio de Estrela Galicia.
Esta vez a invitada será Chloé. Apadrinada de dous nomes importantes da electrónica contemporánea, como son Ivan Smagghe e Sascha Funke; esta francesa será a encargada de pechar unha noite que comezará a iso das 2 da mañan da man de Grobas, dj máis que coñecido na cidade.
Está previsto que o horario sexa de 2 a 6 da mañan.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza