BateaSonora é un colectivo multidisciplinal sen ánimo de lucro que leva organizando festas hai bastane tempo. Todos os anos por estas datas organizan o seu evento mais popular que é o chamado Non Parei. Este ano é a súa 5º edición e tráennos como convidado a Aril Brikha, un dos grandes da electrónica en xeral, xa que non é un dj fixado a un estilo. O resto do cartel complétano: Maurice Aymard + Wasilkoski + Cobi Novas + Roi + Fon Kid + David Granha & John Axiom + Gavu Martínez e os gañadores do concruso DJ e productores nos que podes consultar as bases neste mesmo artigo para concursar.
O evento terá luga na sala La Zona en Bueu o día 13 de Febreiro, comezará as 00:00 e rematará sobre as 12:00 do mediodía. A entrada anticipada é de 8 € con copa e na xanela a 10 €
Poderanse presentar dous traballos/sesións por artistas, independentemente que sexan na mesma ou diferente categoría. BateaSonora elexirá ao xurado que decidirá o gañador por categoría. Poderá quedar deserto o concurso ou categoría. Todos os estilos de música electrónica están aceptados. A duración dos traballos deberán ser como mínimo de 45 minutos e máximo dunha hora. Os traballos presentaranse enviando mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou a facebook/bateasonora indicando a categoría na que se inscribe así como enlace de descarga directa, indicando tamén os seguintes datos: nome completo, residencia actual, breve biografía, norme artístico, teléfono mail e a Tracklist cos temas. no correo debe constar como asunto: CONCURSO NONPAREI 2010. O prazo de presentación é do 15/12/2009 a 15/01/2010. O premio será ir convidado o festival.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza