A Coruña alberga o UP Festival, con Carola, Cattaneo e moitos máis
Avaliación do usuario: / 11
RuínMellor 
Escrito por Martin   
Mércores, 24 Febreiro 2010 00:18

Despois de meses de rumores, especulacións e demais, este sábado por fin deuse a coñecer o cartel do Up Festival. Foi no FanZine, no que ademais de contar coa visita de Grobas durante a noite, e a presentación en exclusiva do cartel, tamén sorteáronse dez entradas para dez agraciados que o día 3 de Abril disfrutarán sen coste algún deste evento. Evento que pasamos a diseccionar.

 

En primeiro lugar a localización. Será no Palacio de Congresos e Exposicións Palexco, en pleno centro da cidade, chegar non será un problema. Ademais o local no que se fará a festa, totalmente acristalado e con vista ó porto, ten unha pinta incrible. Está por ver aínda canta presión sonora pode albergar un recinto acristalado, pero se conseguen facer un bo traballo nese aspecto, a localización é envidiable.

O horario será de 5 da tarde a 5 da mañá. Un horario de tarde-noite totalmente festivaleiro, que dá pé a continuar a festa en calquera outro local da cidade. Aposto algo a que O Portiño xa está preparando algo ¿quen sabe se temen o Playa Club? É algo máis complicado, pero quen sabe.

Tendo xa claro onde e en qué horario vaise desenrolar a festa, imos co mais xugoso do tema: o cartel, con cinco artistas internacionais de primerísimo nivel, xunto con máis dunha decena de xente da terra, que a bó seguro faran as delicias de todos nos, pois hai unha lei non escrita no mundo do deejay, e é que sempre acaban salvando as festas os de casa, os que non teñen un nome mundialmente coñecido e os que teñen todo por demostrar o moitas gañas de facelo. Con esto non estou a decir en ningún momento que algún dos internacionais vaia faiar, nin moito menos, pero todos sabemos do que falo.

Encontramos no cartel unha mestura interesante de dúas das correntes máis demandadas na actualidade polos clubbers, estas son o progressive-house, capitaneado polo arxentino Hernan Cattaneo, que volve visitar Galiza despois da súa visita fai algo máis dun ano a Sanxenxo, que tan boa crítica recibira por aqué entón, e Marc Marzenit, que ten deseccionada a música de baile en catro partes para basear seu discurso sonoro en catro elementos fundamentais: as estructuras do trance, as melodías do IDM, un acabado minimal e o ímpetu do techno. John Axiom e Pablo Cubeiro son outros integrantes do cartel que poderían seguir esa corrente progressive-house da que falamos.

 

Agora ben, se falamos dun estilo que está mais que asentado na actualidade no main-streem, este é o minimal-house e tech-house. Ahí atopamos o nome de Marco Carola, coñecido por todos e amado por moitos; o tamén italiano Lucio Aquilina coa súa interpretación da música de baile e a Dona das festas CircoLoco, iso é Tania Vulcano. Rj Junior ou Jose González AKA Malaguita serán dous artistas a seguir, pois asegúrovos que calquera dos dous pode facer que deixedes as solas das zapatillas votando fume.

 

Outros artistas da casa, que non deberiades de perder, son os vigueses Subsótano, que imaxino virán a presentar o seu novo -live-, moi recomendable. Aquí tendes unha entrevista que lles fixemos en Novembro do 2008.

Compretan o cartel Roi, ó que lle fixemos unha entrevista recentemente, o seu irmá Grobas, coñecido por todos entre outras cousas pola súa residencia nos eventos 981; Pikallo, Hanfry, Javier Rial, Dani Rivera, AntiPlay e o proxecto In & Out.

O prezo da entrada de maneira anticipada será de 25 euros, e pódese conseguir nos seguintes puntos de venda:

A CORUÑA
FANZINE CLUB ( Atocha Alta 40)

SANTIAGO DE COMPOSTELA
LA RADIO ( Plaza de Abastos 4 )

PONTEVEDRA
PLAYGROUND STORE (  San Roman 10 Bajo )

VILALBA
LA BUJIA (Basanta Silva, 5 bajo)

PONFERRADA
LA VACA ( bilbao PIB)

OURENSE
JUVENA STREET SHOP ( Cardenal Quevedo 12 )

SARRIA
SALA PLANETA (Diego Pazos 57)

LUGO
CRESTA BOARDING GALLERY (Ronda Muralla - Edif. Pimentel)

VIGO
LE SUITE ( Cervantes 9-11)

VIGO
LA MANCA


FERROL
Staff Club (Maria 101 Bajo)

LALIN
PUB OXIDO (Calle B 71 4a)


Teredes toda a información actualizada en GalizaElectrónica, a vosa páxina de cultura electrónica.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (1)Add Comment
0
...
escrito por juan, February 24, 2010
moi ben martin

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy