¿Hai algunha película máis cool en toda a década dos 80 que Tron? Pois claro que non a hai! Esa realidade virtual tan sumamente oitentera, eses efectos rotoscópicos protovirtuales e esa estética tan retrofuturista ben se merecían que Goa dedicáselles un domingo enteiro. Así que o noso próximo encontro versará sobre o futuro que xa é pasado, sobre unha distopía electrónica que puido pasar (ou que pode pasar), e que mellor música para acompañar á estética Tron que a electrónica que sempre campa ás súas anchas en Goa.

Nesta ocasión, a Main Room verase invadida polos coñecidos hackers Guy Gerber, Karotte, Indub e o dúo holandés District One [Bart Skills & Antón Pieete] no Crystal Club, os mozos do selo Room with a view (Phil Darimont, Art of Tones, Andre Lodemann e Sasse) darannos un alucinante paseo polo house máis futurista e futurible, e no Upper Floor, gozaremos da celebración dos 10 anos do club Mondo e das sesións aos pratos do gran Nathan Fake, Gerardo Niva & Alex Guerra, Alvaro Cabana, Pilas, Baughman, e dunha das pedras angulares do novo son techno europeo, Shinedoe.

Estade moi atentos a GalizaElectrónica, pois imos sortear 10 entradas dobles para tódolos nosos lectores.
E recordade, coidado coas macros ocultas. E a bailar!!



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza