Chega un novo evento 981 á Coruña. Consolidados xa como eventos de calidade na rexión, e despois da noite de Reis, con Chloé como artista invitada, esta vez é o turno do holandés Joris Voorn.
A sombra de Detroit é moi alargada, tanto que os sons que máis se poidan identificar na actualidade co son Detroit proveñen deste lado do charco.
Un claro exemplo disto é Joris Voorn, cun son máis melódico que o que se adoita entender por techno, máis ainda aquí na península. O holandés, a pesar da súa mocidade, está considerado como un dos mellores produtores do momento inxectando un son moi característico a todos os seus traballos, o son Voorn.
É no ano 2003 cando saca no selo holandés Keynote os seus primeiros maxis titulados Muted Trax pt.1 e pt.2 que foron moi ben recibidos pola crítica musical de toda Europa. A finais deste ano edita Lost memories Pt.1, que foi editado no selo Senón, propiedade de Technasia. Xa en 2004 saca a segunda parte da súa Lost memories, con maior éxito que o volume 1 e que foron picados e re-picados por Dj`s tan descoñecidos como Dave Clarke ou Mr. Garnier.
O 2004 foi quizais o ano crave para a confirmación de Joris Voorn xa que edita o seu primeiro álbum no selo Senón, Future history, disco moi recomendable para os amantes do son Detroit. Neste ano tamén forma parte do line up dun dos festivais máis importantes do mundo como é o I Love Techno.
Nos últimos tempos e a pesar de crear o seu propio selo Sound Architecture, Joris dedicouse a desenvolver o subselo Green, que forma parte de Technasia Records.
Hoxe en día non precisa ningún tipo de presentación, e recorre o mundo expoñendo o seu traballo, tanto na modalidade live como en Dj´set, que será o que faga no PlayaClub este venres.
O warm-up correrá, coma de costume, a cargo de Grobas e comezará as 2:00 a.m. O warm-up realizado á francesa Chloé na noite de Reis, por exemplo, superou para un servidor o set que á postre ofreceunos a invitada da noite. Terá pois a misión de adaptarse ó discurso musical do holandés e quentar a pista para que a iso das 4:30 o holandés tome o mando da sala e faga saltar chispas no ambiente.
Repetirase localización, dende agora en adiante, e será de novo na sala Boite, en detrimento da zoa de banquetes onde acostumábanse a facer estes eventos. Unha vantaxe é indiscutíbel: o son da boite é infinitamente mellor do que se podía conseguir na zoa de banquetes. Así, sempre e cando se respete o aforo, pódense vivir boas noites acompañadas con música de calidade, como acostuma nos eventos 981.
O prezo da festa será de 20 euros con copa, e non haberá entradas anticipadas. Todos aqueles que queramos disfrutar do set de Joris Voorn, deberemos achegarnos pronto ó PlayaClub para conseguir a nosa entrada. É unha boa medida para asegurarse na medida do posible, que a xente que entre, é porque sabe o que vai escoitar. Xa que o aforo é reducido, ó menos que o ambiente de festa e cordialidade sexa o mellor posible.
Esperemos que sexa unha boa noite e todos o pesemos en grande. Aquí deixovos un pequeno aperitivo en forma de vídeo do que nos podemos encontrar este Venres:
+info:






Meneame
Chuza