La Manca, novo local en Vigo
Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 
Escrito por Alberto   
Xoves, 04 Marzo 2010 16:06

Logo de La MancaUns dos locais máis emblématicos de Vigo "El Manco" polo que pasaron artistas como Surgeon, Dr. Smoke, Oscar Mulero e un longo etcétera muda de nome de dirección artística que estará ao cargo do colectivo vigués ALOHECHOTECHO.

Segundo nos conta a nova dirección do local: "muda co fn de ofrecer ó público máisesquisito un espazo onde disfrutar da electrónica máis vangardista e divertida" ademais o local terá duas plantas a superior dispón dunha zona con sofás e pista de baile onde se poderá efectuar en quentamento ó ritmo de pop, indie e electrónica chea de groove. A planta inferior, feita club no sentido más estricto da palabra, será o verdadeiro campo de loita.

A cabina será capitaneada por ALEX (STRONG, BAUHAUS) e WASILKOSKI (LE SUITE), e o techno divertido, o electro máis bizarro e o house máis bailable serán a banda sonora de noites nas que a verdadeira protagonista será a pista de baile.

Ademais da música ofrecida polos seus residentes, contará coa residencia mensual de CARLOS SALA (FEELTHETRIP), a visita de grandes artistas da electrónica a nivel INTENACIONAL e servirá para mostrar os traballos de artistas audiovisuais galegos.

LA MANCA comezará este novo concepto de club tódolos venres e sábados a partires do próximo venres 5 de Marzo en horario de 00:00 a 05:00.

O 26 de marzo acollerá a presentación do Festival Up que se vai celebrar na Coruña.

Cartaz da festa de inauguración

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy