Catro son as primeiras confirmacións que os organizadores de 981Festival soltaron o pasado 6 de Maio. Xa sabedes quenes son, pero imos darlle un pequeno repaso á "vida e obra" de cada un deles, aínda que o certo é que pouca presentación precisan.

Comezamos por Gilles Peterson. Dj, locutor da BBC, promotor e propietario de selos emblemáticos como Acid Jazz ou Talkin'Loud. Falar del, é facelo de toda unha institución da música de baile.
Bastaría posiblemente con dicir que baixo o seu auspicio e gravando para el, naceron figuras como Jamiroquai, Brand New Heavies, 4 Hero, Terry Callier, Incognito ou James Taylor Quartet pero o deste home é unha historia case sen igual, é probablemente un dos mellores localizadores de xoias de jazz, latin e música negra en todo o mundo, é pioneiro na fusión do jazz e black music coa música electrónica(hip-hop, jazz ou soul con brooken beat, nu jazz, dubstep ou drum&bass) dende as súas cabinas na BBC radio 1, Kiss FM ou Jazz FM transmitiu día a día o legado da música de raíces negroides.
Invitado aos mellores festivais do mundo cada ano e a peches espectaculares como o do pasado verán en Space Ibiza... en fin, que estamos ante unha lenda que desde 1985 ata hoxe, sacou a friorenta de máis de 70 discos... que foi nomeado mellor dj e mellor complilador en 2008 e 2009 nos premios Acid Jazz Hispano ou "un elixido" ao que o mítico selo Blue Note encargoulle "Every Day Blue Note". Aí é nada...
Pasamos de unha institución na música electrónica...a unha lenda todavía en vida: Theo Parrish, un dos grandes nomes do house americano. Dos máis respectados, que non é pouco. E quizá unha das maletas máis exquisitas... Cun xeito de proceder moi particular á hora de dotar dunha dimensión especial o seu son. Este produtor nacido en 1972 en Wáshington é un dos máis persoais músicos da segunda xeración de housemasters americanos. A música concibida como xeroglífico en que cada nota é un símbolo con moito significado na mente de quen a escoita. Música sacra que conecta corpo e alma. O seu mellor escaparate é o seu propio selo, Sound Signature, onde el mesmo gravou case toda a súa discografía. Así que con Parrish e Sound Signature, o house máis espiritual tamén ten cabida en Detroit.
Theo chegará por primeira vez a Galicia da man do 981 e os seus cada vez máis exclusivos sets (un dos seus últimos en España foi no Soar 2008), fan da súa presenza unha das apostas fortes da sexta edición.
Toca agora a "coñecer" a Crystal Fighters. Sendo un pouco malos, podería aplicarse o tópico de "non parecen españois". Definidos pola prensa británica como "nu-rave de legado folk (vasco) que mestura á perfección o bassline progresivo británico, coa euforia de Fischerspooner e a delicadeza das cancións de Animal Collective", Cristal Fighters son agora mesmo, un dos grupos máis enérxicos e adrenalíticos da escena londinense e un exemplo máis (outros poderían ser o Guincho ou Delorean), de que os artistas españois poden superar as barreiras da internacionalidade. O resultado, centos de concertos por toda Europa nos últimos meses, dous EPs gravados para o selo Kitsuné (unha vez máis dando no cravo), festivais de 2010 como Glastonbury, Bestival ou Creamfields e un himno "I Love London" elixido pola revista Mixmag entre as 100 mellores cancións de 2009 que poderemos escoitar e gozar a noite do 16 de outubro.
Para rematar, polo de agora, contaremos tamén cunha visita do máis especial: Hudson Mohawke, do mítico selo Warp; sen dúbida un deses selos de referencia para calquera amante da música avanzada, e aquí se vale o termo avanzada... vale porque sempre apostaron por moito máis que electrónica, pop ou rock, porque sempre xogaron ao límite cos seus discos e artistas, ofrecendo unha amálgama de sons que nalgúns casos non se entenden ao principio pero que aos poucos che dás conta do que representan na música dos próximos anos...
Hudson Mohawke é un WARP, e non só un WARP, senón un dos seus últimos e máis flamantes fichaxes. O mozo Mohawke, leva dando guerra desde os 15 anos (foi o finalista máis novo do campionato DMC en Inglaterra) e é xunto a Flying Lotus e Rustie un dos nomes crave para entender esa mestura de funk e wonky que está rebentando as pistas de medio mundo. Todo é triturable no universo sonoro deste mozo de só 22 anos, electrónica experimental, dubstep, hip-hop ou rithm&blues...
O Sonar xa lle botou o ollo e será un dos nomes importantes da súa edición de 2010 (en Barcelona), polo que os que non viaxen á Cidade Condal, teñen a súa oportunidade no 981 para velo presentar "Butter", o seu debut en WARP.
Polo de agora isto é todo. Seguide atentos a GalizaElectrónica, onde teredes toda a información detalada sobre o festival.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza