Importante: modificaron o texto.
Despois de moitos emails cos de Clubbingspain mudaron o texto por: "un idioma indescifrable para mí". O cal é o lóxico, pos nós entendemos que non saiban o idioma, e moito menos co acento dun povo da nosa xeografía pero iso non é motivo para dicir que é unha lingua "indescifrable" para todos e todas nós, posto de que ser así agora non nos poderíamos comunicar por aquí.
saúdos e grazas polo apoio.
AQUÍ O MOTIVO DA POLÉMICA:
Clubbingspain chama "idioma idescifrable" ao galego
Con motivo do Festival Fresh Weekend que tivo lugar en Cerceda (A Coruña) dirixíronse medios de prensa de todo o Estado Español, pero o que non podíamos imaxinar era que a web referente sobre música electrónica http://www.clubbingspain.com dixera na súa reportaxe:
"me hallaba yo en la tasca de un recóndito pueblo del norte de nuestra geografía rodeado de lugareños hablando un idioma indescifrable"
Dende Galizaelectronica esiximos ao Concello da Coruña, Xunta de Galicia e Xacobeo e As Terrazas Do Move(Expo Coruña) que esixan a Clubbingspain pedir desculpas e que se retire o insulto sobre o idioma galego por chamalo de " indescifrable" por motivo do evento que van a facer en Coruña.
CLICK NA IMAXE PARA AUMENTAR

CARTAZ DO EVENTO: Pódese apreciar que Organiza o Xacobeo e XUnta, e Patrocina Concello de Coruña e Estrella Galicia, na cal esta festa será o 10º Aniversario de CLUBBINGSPAIN este 16 de Xuño no EXPO CORUÑA.




Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza