Sónar presenta a súa primeira edición en Chicago
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Escrito por Alberto   
Venres, 06 Agosto 2010 17:24

jaypritzkerpavilionOs días 9, 10 e 11 de setembro o festival catalán Sónar terá súa primeira edición en Chicago.

O Jay Pritzker Pavillon do Millenium Park e o Chicago Cultural Center serán as dúas sedes principais do festival. A colaboración de Adventures In Modern Music (AIMM) completa a programación musical en outros espazos e clubes da cidade.

The Slew feat. Kid Koala, Oval, Martyn, Lesley Flanigan, Ben Frost eNicolas Bernier + Martin Messier: La Chambre des Machines son algúns dos artistas confirmados. A representación catalana estará formada por Bradien, bRUNA, Huan e Faarón.

 

Sónar Chicago basea a súa responsabilidade artística no ADN do festival de Barcelona, cunha programación ambiciosa e de grande calado que abunda na experimentación electrónica e nas súas derivacións, mutacións e colisións con outros xéneros.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy