Chega a sétima edición da Azurara Beach Party o 28 de agosto en Vila do Conde, Portugal. Un evento para todos os gustos musicais dentro da electrónica e hip-hop, con máis de 30 artistas e 4 carpas: noite.pt, sic, energie, connect-music.
Conta ca dirección artística do coñecido deejay e produtor portugués Miguel Rendeiro, o que tivemos ocasión de ver na MMC. Ademais o festival vai contribuír co Banco Alimentar contra a fame.
24horas de música con artistas da talla de: Buraka Djs, Booka Shade, Rui Vargas, Dj Overule, Miguel Rendeiro, Vanilla Ice, Magazino, Nuno di Rosso e unha longa lista que podedes consultar na súa web oficial: http://www.azurara-beachparty.com/
A venta de entradas custará 12€ anticipada e 17€ no propio día.
Podedes atopar máis información na páxina do Facebook oficial da Azurara Beach Party: http://www.facebook.com/pages/Energie-Azurara/286177024010




Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza