O sábado 11 de Setembro celebrarase no campus de Elviña, unha festa de música electrónica na que contarase coa presencia de dous dos integrantes do selo Sino, ademais dos madrileños Wagoon Cookin, e unha longa lista de dj´s galegos, encabezados pola nosa dj mais internacional, Cora Novoa, e que tanta admiración causa na nosa terra. Ademais disto, case unha decena de dj´s mais compondrán o cartel.
O evento levarase a cabo entre as seis da tarde do sábado e prologarase ata as seis da maña, e contará, repartidos en dous escenarios, da presenza de Technasia, Dosem, Cora Novoa, Wagon Cookin, Dj Ino, Mesa Para Dos, Seq, Position Chrome, Agm & Quintrix, Darkrow, Rj Junior, Dastrash, Checho Samayo, Miguel Díez, Dastrash e Ivan Perez. 12 horas de música electrónica no campus universitario coruñés.
As entradas xa están á venda e podedes compralas dende laboleteria ou chamando ó 671 172 415




Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza