O prestixioso festival Sónar que sempre tivo lugar en Barcelona e que por primeira vez na súa historia se fixo outra edición paralela en A Coruña con motivo do ano Xacobeo da o salto e celebra a súa primeira edición en Chicago.
Durante os días 9, 10 e 11 de setembro terá lugar o Sónar Chicago con máis de 30 actividades entre concertos, conferencias e proxeccións. O evento inaugural vaise celebrar durante a tarde do xoves no Jay Pritzker Pavillion ubicado no emblemático Millenium Park, onde actuará o músico e produtor de Detroit Jimmy Edgar presentado o seu novo disco.
Este festival basea a súa personalidade artística no ADN do festival de Barcelona. Seguindo o seu obxectivo de difundir a filosofía do festival de Barcelona e adaptado a novas cidades e formatos, Sónar Chicago conta cunha programación ambiciosa e de gran calado na que abunda a experimentación electrónica, nas súas derivacións e mutacións e nas colisións con outros xéneros.
Programación Sónar Día
Os artistas que pasarán durante o Sónar Día no Jay Pritzker Pavillion (9 de setembro) e no Chicago Cultural Center (10 e 11) son: The Slew, Jimmy Edgar, The Flashdulb, Oval, Ben Frost, bRUNA, Faraón, Nosaj Thing, Huan, Martyn, Nicolas Bernier + Martin Messier, Lesley Flanigan.
Programación Sónar Noite:
O 10 de setembro terá lugar o Sonar Club Night, un evento coa colaboración de Red Bull Music Academy que terá lugar no lexendario club Smart Bar cos artistas: Todd Osborn, Cosmin TRG, Appleblim, Space Dimension Controller, Black Devil Disco Club
Ademais Sónar Chicago amplía a súa interacción ca cidade grazas a colaboración de Adventures In Modern Music, o ciclo de concertos organizado pola prestixiosa revista británica The Wire e os promotores da sala Empty Bottle, unha das máis importantes da cidade. AIMM Presenta a varios dos máis interesantes representantes da vangarda sonora, nunha aposta que esta en plena sintonía co universo do Sónar.
O evento terá lugar na sala Empty Bottle cos artistas: Rhys Chatham, Sleep, Efterklang, High Places, Wooden Shjips ademais dos da AIMM que son: Julian Lynch, Michael Zerang / Jim Baker Duo, Lichens, John Wiese, Bill Orcutt, Ga’an, Rangda (Chris Corsano, Richard Bishop y Ben Chasney), Buke & Gass, Ahleuchatistas, CAVE, Cloudland Canyon, Mick Barr o Helen Money.
Sónar Cinema
O festival contará co xa mítico SónarCinema, a sección audiovisual do festival que amosa a interacción entre a música electrónica experimental e o cine documental.
Cinco serán as películas que se proxectarán na Garland Room do Chicago Cultural Center: "Synth Britannia" (Documental da BCC que conta o nacemento do synth pop en Gran Bretaña) "Amplified Gesture" (Filme producido por David Sylvian sobre a arte da improvisación), "Sensuous Cornelius" (A excelente filmación duns dos cautivadores concertos do músico xaponés) "Finisterrae" (A longametraxe que deu imaxe ao Sónar 2010) e "Sónar Around The World" (Que documenta todo un ano de Sónar, producido e realizado por Televisió de Catalunya).
Conferencias
A nova serie de actuacións confirmadas en colaboración da Red Bull Music Academy súmanse as conferencias de grandes talentos de son de club de hoxe en día: Applebim e Ron Trent, onde falarán e compartirán a súa música e experiencias no Randolph Café do Chicago Cultural Center.
Toda a información desta edición: http://www.sonarchicago.com



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza