Queda pouco mais de un mes para a celebración do que promete ser unha das grandes citas do que queda de ano na cidade Herculina despois de un ano do mais frutífero a nivel de eventos electrónicos. Nesta sexta edición do 981Festival queren colocar o prefixo da Coruña ben alto, e para ilo non lles bastaba con engadir unha edición de día ó festival, e con irnos desvelándonos nomes non nunha, nin dúas, senón tres quendas ata o día de onte, formando un cartel moi apetecible; senón que hoxe, como prometeran volveron a soltar prenda.
Por unha banda The Juan Maclean, un dos mellores amigos e man dereita do mismísimo James Murphy (LCD Soundsystem), un auténtico DFA por primeira vez no 981 e que presentará en exclusiva o seu aclamado set para a serie Dj Kicks do selo !K7.

Doutra banda, estarán na Coruña un pequeno gran luxo para todos nos, tres pesos pesados do ambient, a experimentación e electrónica como Moritz Von Oswald, Max Loderbauer e Vladislav Delay que nos farán soñar e viaxar cun show que só grandes cidades como Tokio, Londres ou New York gozaron recentemente. ¿Pequeno luxo? Gran luxo.

Para quen atópese perdido despois de tantos novos nomes, recordámosvos como está o cartel a día de hoxe, tendo en conta que aínda falta un nome por desvelar, nome que, independemente do estilo do que se trate, estamos seguro que manterá o nivel de calidade do que pode presumir este 981Festival. Os nomes ata o de agora son:
Gilles Peterson (UK)
Theo Parrish (USA)
Hudson Mohawke (UK)
Crystal Fighters (ES)
WhoMadeWho (DK)
Naive New Beaters (FR)
Luke Abbott (UK)
Cluster (GE)
Dels (UK)
Moritz Von Oswald Trio (GE)
The Juan Maclean (US)
Roska (UK)
Martin Buttrich (GE)
Detachments (UK)
Kyle Hall (USA)
Oliver Huntemann (GE)
We Love (IT)
Falta coñecer ese último nome e cómo se repartirán os artistas entre o día (no museo de Arte Contemporáneo MACUF) e a noite (no PlayaClub). ¿Alguén pensaba en atopar este cartel na Coruña fai só cinco anos? Se foi en soños non conta.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza