O mellor trance con Global Age de Push
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Escrito por Ernesto   
Sábado, 04 Xullo 2009 16:55

Global Age é o último álbum de Push, tamén coñecido coma M.I.K.E., Plastic Boy entre outros moitos alcumes (aquí se poden ver case todos os que ten usado). É probablemente o mellor álbum de trance no que vai de ano, como se podía esperar dun dos produtores que leva unhas dúas décadas facendo temas coma Universal Nation, Strange World, The Legacy ou Time Never Stops, por citar algúns deses temas que calquera os recoñece ó instante nada máis escoitalos.

Poderíamos escoller calquera das tracks e ver que poden chegar a ser temazos, pero por destacar algunha, a 5 Into My Sound Of Music, combina á perfección o trance, o progressive e unhas samples vocais electrónicas que nos recordan algúns dos mellores temas de Pet Shop Boys. A track 1 Global Age,  que da título ó álbum fai referencia con ese nome -como Mike Dierickx (nome real de Push) recorda nuna entrevista- a que vivimos nun mundo globalizado, e hoxe pode estar pinchando en Europa, mañá en Estados Unidos e pasado en Australia, e a mesma música é capaz de emocionar por igual á xente dos diferentes continentes.

Tamén se refire Global Age (idade global ou aldea global) a que non hai idade para escoitar, producir, pinchar aquelo que nos gusta, ou facer calquer cousa que nos apaixone. Visto dende a perspectiva dun home que xa pasa dos 40 é sen dúbida unha boa lección de que a "xuventude vai por dentro".

Volvendo ó álbum, como dicía arriba é un trance perfecto, clásico, nada de efectos demasiado innovadores, mesturas imposibles de estilos, é simplemente trance en estado puro. Como en toda obra clásica de trance predominan sobre todo as tracks musicais, nas que o xogo entre a base, a melodía e os distintos efectos son sempre perfectos, levándonos a un estado de ledicia imposible de describir con palabras. 

Hai tamén un par de tracks con letra, no CD 1, a track 4 na que pon a voz Elsa Hill e a 9 con Sir Adrian. Son como dúas pausas, temas un pouco máis repousados, grazas á intervención das voces, en medio de tanta caña que presenta o disco.

No CD 2, aparte de novos temas, están varios remixes dos temas presentes no álbum, un deles feito polo propio Mike baixo outro alcume,  Trance Indicator (Plastic Boy Remix), e tamén remixes doutros coñecidos DJ's: Interference (Sean Tyas Remix), Voyager (Klems Remix), Back To The Essence (Ruben de Ronde Remix).

Se alguén dixo que o trance estaba morto, aquí está Push para resucitalo. É certo que o trance clásico, aquel de finais dos 90 e principios dos 2000 pouco ten que ver co trance actual, pero non por iso perde nin un ápice de encanto. Este álbum vén a remozar ese fermoso trance, orixe de subestilos que triunfaron posteriormete, coma o tech-trance, ou o psytrance.

Máis información sobre o álbum na web oficial de Push, na que se poden escoitar temas do álbum, editado por Armada, o selo de Armin van Buuren. A preciosa carátula pódese ver en grande aquí. Vealí a tracklist:

1-01   Global Age (7:36)
1-02   Free Time (7:42)
1-03   Infinite (7:35)
1-04   So Long (7:19)
    Featuring - Elsa Hill
1-05   Into My Sound Of Music (8:32)
1-06   NY To Miami (7:04)
1-07   Trance-Tastic (6:58)
1-08   Interference (8:14)
1-09   This Place (Album Mix) (7:37)
    Featuring - Sir Adrian
1-10   Trance Indicator (7:26)
2-01   Daylight (8:02)
2-02   Voyager (7:51)
2-03   Mysterious Ocean (8:38)
2-04   Back To The Essence (7:41)
2-05   Trance Indicator (Plastic Boy Remix) (7:25)
    Remix - Plastic Boy
2-06   Interference (Sean Tyas Remix) (8:08)
    Remix - Sean Tyas
2-07   Voyager (Klems Remix) (7:43)
    Remix - Klems
2-08   Back To The Essence (Ruben De Ronde Remix) (6:35)
    Remix - Ruben de Ronde
2-09   Dream Designer (Album Edit) (6:14)

 

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (1)Add Comment
0
reply this topic
escrito por HammondDALE, July 16, 2010
I guess that to receive the mortgage loans from banks you ought to have a good reason. However, once I have got a car loan, just because I wanted to buy a bike.

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy