Baixo o alias de Dakota, Markus Schulz tráenos a súa última produción, Thoughts Become Things, uin álbum de estudio que está á venda dende o pasado 29 de xuño, editado polo selo de Armin van Buuren, Armada.
Trátase dunha obra exclusiva do gran DJ e produtor alemán afincado en USA, sen colaboracións externas, que recolle dende o trance máis innovador ata temas houseros, ou tech. O nome do álbum está inspirado no libro da escritora australiana Rhonda Byrne, O Segredo, sendo o segredo de cada track a inspiración que recolle dende os seus máis temperáns sentimentos alá polos seus comezos na súa xuventude ata o día de hoxe. Como di o título do libro "Os pensamentos convértense en realidade", así os sentimentos e pensamentos de Markus converteronse neste excelente álbum.
Así, Roxy 84, a track 8, está inspirada nos seus viaxes ó Bronx, na súa adolescencia, onde se se sorprendeu co movemento do breakdance. O tema 5, Koolhouse, que xa aparecía no compilatorio Toronto 09, está adicado ó lugar onde pinchou varias veces.
Un tema especialmente disqueiro é Sin City e a track 9 Re-Swirl é unha reedición innovadora do éxito de fai 10 anos Swirl.
Máis info na web de Markus Schulz. Velaí a tracklist completa:
01. Chinook
02. Johnny the Fox
03. Sin City
04. The Doorway
05. Koolhaus
06. Steel Libido
07. Lima
08. Roxy 84
09. Re-Swirl
10. Mr. Cappuccino



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza