A o programa Frecuencia De Baile da radio do Concello de Ordes que dende algún tempo xa se pode ouvir a través de internet fará este sábado un especial sobre a música techno e minimal ca presenza de Marc Pastco na que fará un directo dende o estudo. Tamén falará da súa última produción e con AGM que sacou no Netlabel Galego Moucho nl o seu último traballo.
Contará tamén cas seccións habituais: Darkrow e a sua Vanguard Music como todas as semanas e co colaborador Oscar Lopez na sua sección Ritmatic ademais das últimas noticias sobre música electrónica contadas por un colaborador da nosa páxina web.
Algo de historia:
Jose Antonio é o creador do programa Frecuencia de Baile na radio de Ordes, e como se poder ler no especial que lle fixemos "Este programa non é outra cousa que o resultado dun xoven que leva moitos anos argallando proxectos pola rede para fomentar a música electrónica, como o blog Zoom Electronico, que ademais tiña unha sección sobre o seu blog na Loca FM en Compostela, ademais de ser o creador do foro de fans Scooter en castelán"





Meneame
Chuza
http://Frecuenciadebaile.com