En agosto do ano saltaron tódalas alarmas cando nos enteramos que dende esta web, Richie Hawtin estaba a pedir opinións sobre o seu traballo para desempolvar a súa faceta máis famosa: Plastikman.
Tras un primeiro momento de shock entre tódolos clubbers, comezaron a sair opinións de tódolos gustos. Dende quen dicía que non era máis que unha estratexia de marketing, ate quen daba gracias ó señor pola noticia.
Este mesmo xaneiro, ó mesmo tempo que o Festival Coachella anunciaba que terá a
Plastikman entre os artistas convidados; a través do Facebook de propio Richie, lemos o seguinte mensaxe:
" Richie Hawtin (official page) YES, the rumours are true! I'm happy to announce that we've been testing since August on ideas for PLASTIKMAN Live 2010! We have a lot more work to do, but I hope to see you all at "one" of the show(s)!?!
"
Confirmando os rumores que falaban da volta de Plastikman ós escenarios. Comenta que leva dende Agosto probando ideas para o novo directo de Plastikman durante o 2010, e convidando a todo o mundo a velo, ó menos, unha vez. Nada fala nesta mensaxe de se está a producir novos temas, se Plastikman volverá sendo un directo de audio/vídeo simultáneo, e máis cousas que os seus seguidores queren saber.
Fai uns días saiu á luz que no festival Alemán TimeWarp, actuará tamén baixo Plastikman, sendo ésta a estrea mundial.
Recordemos tamén que, ata a data, as actuacións en directo de Plastikman son moi, moi escasas. De feito, a última vez que actuou nesa modalidade foi no Festival Mutek '04, e a anterior fora en 1995. Facémonos unha idea da exclusividade do asunto.
Fai unhas dúas semanas concedeu unha entrevista en exclusiva para o magazine dixital URB. Nela encontramos varias pistas do que nos espera...
Coachella é a data anunciada por primeira vez dende o Festival Mutek 2004. ¿Cales son as outras datas previstas?
Richie Hawtin: Non haberá moita actividade baixo o nome de Plastikman este ano. Estade atentos a máis detales, como novas actualizacións da web e máis sorpresas.??A data de Mutek foi considerada como un "fracaso", debido principalmente a problemas técnicos. ¿Cómo se poden prever??Cando se traballa coas novas tecnoloxías nunca podes estar seguro do éxito. Trabállase cara unha meta, tratando de confiar nos sistemas e esperar o mellor. Para seguir adiante, sen embargo, un debe aprender dos errores, sempre e cando se produzan.
Os espectáculo do Mutek estaba destinado a ser unha experiencia de música en vivo, vídeo e iluminación. ¿É o novo show tan ambicioso?
O que fixeremos no Mutek foi establecer as bases do que acabaría por converterse, o ano pasado, na xira Contakt. Usando o que aprendimos durante todo este tempo, tanto eu coma meu equipo, seguiremos coa nosa exploración do audio e vídeo en directo.¿Qué cambios tecnolóxicos varían dende a última aparación de Plastikman?
Todo o que necesitamos para o último directo de Plastikman, no Mutek, tanto os controladores, como o hardware como o mesmo protocolo de comunicación estaba totalmente en fase beta, tivemos que crealo. Hoxe en día a maioría destas tecnoloxías están maduras. Ó mesturar as posibilidades de tódalas estas tecnoloxías xuntas dun modo creativo, esperaoms rematar un espectáculo que, aínda que na súa presentación foi beta, agora xa teñen unha estabilidade.¿Significa esto que un novo album de Plastikman está á volta da esquina?
Significa que está vostede facendo que aparte a mirada das miñas aplicacións de música e abrir este programa de correo electroico.
Esta entrevista danos moitas pistas de por onde van ir os tiros. Pero se queremos indagar máis, só temos que entrar na páxina oficial de Platikman, na que dende hoxe temos información de primeira man sobre o proxecto. A modo de resume, comenta que o directo será dunha hora, que o estreará no TimeWarp, que será unha experenza audiovisual única acompañada de Ali Demirel, e que tratará de reinterpretar os 18 anos de Plastikman, comezando polas atmósferas ácidas de "Sheet One", os momentos nostálxicos de "Artifakts", as profundidades de "Consumed", e a oscuridade de "Closer", todo elo reinterpretado grazas ás posibilidades que a tecnoloxía moderna ofrécenos.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza