Psychedellic Traveller Vol 1
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Escrito por Ana   
Xoves, 11 Febreiro 2010 00:00

psy travellerNo 2009 nace a productora Psytraveller Records da revista psy trance Psychedelic Traveller. Esta revista que traballa o formato papel e o dixital é unha guía multilingue audio/visual que aglutina colaboradores de máis de 30 países que voluntariamente van aportando información, reportaxes e links que guían ao viaxeiro nas máis recentes notícias da escena psicodélica. A productora quixo xuntar en un só traballo tracks que representasen a produción máis salientable das diferentes expresións psy de todo o planeta do ano pasado, e dándolle unha inesperada relevancia nacional a esa expresión musical, presentou en outubro un álbume cheio de creatividade no que só alguns dos países con máis forza produtiva foron seleccionados: México, República Checa, Alemania, UK, Dinamarca, Israel, Francia, Bélxica e USA. Sons tribais en algúns tracks, pero un tribalismo mui sofisticado e renovado que supera certos "abusos" de antaño, trance progresivo, pop full on, goa melódico e ambient, techno! e house nun mesmo traballo completiño de furados nos que explorar, esconderse e perderse. O próximo més de Maio serán editados con carcasa de CD uns mil exemplares que incluirán unha breve historia sobre o psy e goa trance de 68 páxinas e será distribuido en diferentes raves do mundo. Desafortunadamente a edición desta historia do trance non se fará en ningunha das linguas da Península de momento ou até que apareza algún traductor ou traductora voluntaria con experiencia. Ese ou esa podes ser ti!

 

Tracks

1. Saeg (México)-Fluorescent

2. Ovnimoon vs Zyce (República Checa)-Stero Space (Nerso RMX)

3. Justice Unlimited aka Flowjob (Dinamarca)-Life is a Beach

4. Meander (Grecia)-Konx Om Pax

5. Sunstryk (Alemania)-No Surface

6. Pop Stream (Israel)-Off The Track (Mind Complex RMX)

7. Life Extension (France)-Catch My Breath

8. Jirah (USA)-Altadyde

9. Bitkit (Bélxica)-Timemachine

10. Scorb vs Deviant Species (UK)-The Swarm

 



smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy