O 1 de Marzo de 2008 viu a luz Rawmatroid, un netlabel creado para compartir música electrónica de forma libre e gratuíta a través de internet. Desde a publicación do seu primeiro EP, pasaron 2 anos de bo traballo en equipo, de reunir a jovenes artistas e de perseguir pequenos soños. 24 meses que deron para moito e onde confluíron 11 referencias, unha decena de produtores, 3 deseñadores gráficos, 2 artistas visuais, e 2 showcases onde a xente puido gozar e divertirse coa maxia de Rawmatroid en directo.
Agora queren celebrar estes 2 anos dun xeito moi especial: recompilando unha serie de tracks que reflictan o espírito que desde este netlabel queren transmitir. Falamos de música sen complexos, independente, persoal e creativa que poida ser compartida e gozada en ausencia de prexuízos. 18 pistas con 18 perspectivas distintas, na que cada un dos artistas que conforman este VVAA mostra o seu modo persoal de entender a música electrónica.
Hoxe, 2 anos despois, en Rawmatroid seguen coa mesma ilusión coa que empezaron o proxecto, e con aínda máis ganas de seguir compartindo boa música co mundo. Queren tamén rendir homeaxe ós músicos, oíntes, webs, deseñadores, fotógrafos, artistas visuais, clubs ... e a todos os que dalgunha ou outro xeito forman parte e creen en Rawmatroid.
VVAA - RAWMATROID PUZZLE FOR ART'S SAKE
Tracklist:
Dende aquí mesmo podedes descargar este album en calidade de 320 kbps, de maneira totalmente libre e gratuita; máis non estaría de máis dar unha volta pola web de Rawmatroid.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza