Phonique, este sábado no PlayaClub de A Coruña
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Escrito por Martin NoMore   
Martes, 13 Xullo 2010 01:32

Michael Vater, tamén coñecido como Phonique, estará este sábado 17 no PlayClub de A Coruña no que será unha nova edición 981 (e van...). Phonique aproveitouse moi ben da movida denominada electro-house -aínda que nin os críticos ponse de acordo para descifrar unha etiqueta que pode acoller a Tiefschwarz, Tiga ou Steve Bug nun mesmo seo- para facerse cunha posición importante nas coberturas xornalísticas.

Tampouco lle faltan razóns para aparecer en tan privilexiada posición porque ten técnica e iso nótase na súa achega en estudo a traballos arty como ese karaoke cool en forma de Cd mix que é o Dj-Kicks (Studio !K7) de Erlend Øye. O seu maior logro como produtor concéntrase en Identification (Dessous), un álbum que produce coa axuda principalmente de Dub Taylor, aínda que tamén aparece nos créditos Dixon, e que se converte na confirmación dun artista que profunda nos logros do funk máis electrónico.


Despois de gañarse unha merecida fama como remesturador, chegará este sábado a A Coruña co papel de seguir facendo aínda mais grandes este clásico da noite coruñesa como son as 981. Celebrarase na parte de abaixo no PlayaClub, na chamada Boite como xa ven sendo costume nos últimos meses, o horario será tamén o habitual (dende as dúas da mañan co warm-up de Grobas, ata o cerre, aproximadamente sobre as seis e media da madrugada) e o prezo será de 15 euros, contando con consumición.

Sobra dicir que alí estaremos para gozar da música de este Alemán.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy