NI presenta o seu produto segredo
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Galizaelectronica   
Martes, 17 Agosto 2010 19:57

Fai unhas semanas, falábamos dun produto que podería cambiar o DJing. Hoxe Native Instruments revélanos cal é a súa aposta: Traktor Kontrol S4.

Este novo dispositivo trátase de software e hardware. O soft sería a expansión do do Traktor Pro e o hard, unha controladora específica e xa mapeada.

Traktor Kontrol S4 ten 4 canles, unha tarxeta de audio integrada (exactamente a NI Audio 4DJ), módulo de loops, efectos, CUE e buscador de temas. Integrará 2 jogs de gran precisión que funcionarán co protocolo NHL para mesturar e scratch.

Traktor Kontrol S4 estará á venda este inverno e custará uns 1.000 € aproximadamente.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (3)Add Comment
Martin NoMore
...
escrito por Martin NoMore, August 18, 2010
Lorena, ó final teño que darche a razón. Bueno...non de todo! jeje Revolucionar non creo que o faga, pero dende logo acaba de converterse, de golpe e porrazo, na controladora mais apetecible do mercado. De largo ademais.
0
...
escrito por Lorena RK, August 19, 2010
A verdade e que está mi ben sendo un todo en 1 e estando totalmente adaptado para Traktor, o único fallo para min é o prezo que rondará entre os 800 ou 1000 € pero bueno... xa baixará como todo haha. Tamén a novidade que trae é a sensibilidade dos jogs, teño ganas de saber que tacto teñen smilies/grin.gif
0
...
escrito por Juan Alvarez, February 22, 2011
Boas, xa sei que isto de resucitar fios antigos non está ben pero a estas alturas xa estou desesperado.

¿Alguén sabe donde se pode probar esta controladora en Galiza? ¿Algunha tenda física que a teña? Mais que nada por non comprala "a cegas"...

Gracias, un saudo.

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy