Un grupo de alumnos de Produción de Cine e Vídeo que contan co apoio da escola Audiovisual de Vigo están a preparar o primeiro documental sobre a historia da música electrónica na Galiza. Eles son María, Borja e Sandra son encargados do proxecto Galiza Sonoris aínda que non son os únicos pois segundo nos contan "colaboran un montón de persoas".
Galiza Sonoris ocupa un oco moi importante neste estilo de música "O proxecto documental que trata sobre a orixe, evolución, e implantación no panorama cutural galego da música electrónica. Grazas as colaboracións dos artístas mais recoñecidos no ámbito galego, nacional e internacional, coñeceremos de primeira man os seus comezos, as súas vivenzas, as súas predilecións e as súas impresións acerca do seu estilo de vida"
Esta é a segunda vez que se realiza na Galiza un traballado audiovisual sobre este estilo de música, podemos dicir -polo que nós sabemos- que o primeiro foi o documental sobre o festival 981 en A Coruña no que xa é un clásico dos amantes deste xénero musical non só galegos pois cada vez son máis as persoas que veñen de fora.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza