Cancélase "Aún no me he respuesto..."
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Venres, 03 Setembro 2010 13:26

"Aún no me he repuesto de la última noche que pasé contigo" é un dos poucos programas de electrónica que quedaba na reixa das radios nacionais, ata onte. O programa foi cancelado sen ningunha razón aparente, a única información que temos é unha nota de empresa que os propios creadores do programa redactaron.

Na nota, explícanos que recibiron unha chamada de Antonio de Hoyos dicíndolles que estaba a piques de comezar a rolda de prensa e que o programa desaparecía da reixa. Despois da citada rolda, o blog de "Aun no me he respuesto...", foi borrado inmediatamente do servidor de RTVE, sen deixar oportunidade a recuperar os contidos.

Os creadores do programa (Isabel Díaz e Pedro Blázquez), sinten moito non poder despedirse de forma digna facendo un último programa, dando as grazas a todos os radiooíntes e todas aquelas personas que colaboraron no proxecto ó longo deste tempo.

A cancelación deste programa é unha gran pérdida para a electrónica nacional, xa que seguía de referente despois da tamén coñecida cancelación do programa de Sonia Briz. Esperamos que nun tempo volvan con algún novo proxecto ou similar.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy