Paul Oakenfold, Paul Van Dyk e Armin Van Buuren únense para axudar ás vítimas da traxedia do Love Parade
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Kiko   
Martes, 07 Setembro 2010 11:40

Dj's United O día 24 de xullo de 2010, é unha data que a escena de música electrónica non esquecerá nunca, produciuse unha traxedia na que morreron 21 persoas e preto de 500 feridos debido aos atascos de xente que se produciu nos túneles de acceso ó festival. Duisburg e a música electrónica estiveron de loito  ante a gravidade dos feitos, o promotor Rainer Schaller declarou que esta foi a última edición do lexendario festival, no que por desgracia as forzas de seguridade e a empresa organizadora se botan as culpas uns a outros.

Facendo un pouco de historia, a primeira edición desde festival foi en 1989 na cidade de Berlín ó aire libre, e quizais nunca tiña que cambiar este concepto de festival, aberto a todo o público.

Como consecuencia dos sucesos, tres dos djs máis importantes do planeta xúntanse para realizar unha canción homenaxe ás vítimas e ademais recadar fondos mediante asociacións benéficas para axudar ás vítimas.


REMEMBER LOVE

O tema chamado “Remember Love” naceu das mentes de Paul Oakenfold, Armin Van Buuren e Paul Van Dyk, artistas xa presentes en varias ocasións no festival, e algúns como Paul Van Dyk nos primeiros anos do mesmo sendo unha das atraccións principais, xa que é orixinario de Berlín.

 

COMO SE FIXO

Oakenfold tomou a iniciativa e puxo en común os tres produtores para poñerse de acordo e crear entre eles un tema que vai estar presente nos corazóns das persoas amantes da música de baile e dos festivais multitudinarios.
Segundo comentarios de Paul Oakenfold, a idea de xuntarse xurdiu xa que tiña a necesidade de facer algo, que cando viu a noticia pola televisión sentiu que tiña que axudar de algunha maneira.
Oakenfold escribiu a canción e solicitou axuda ós outros protagonistas da canción, Inglaterra, Alemaña e Holanda únense por primeira vez para que a escena de música electrónica axude e tamén proporcione consolo á xente que sofre.


Armin Van Buuren actuou en 2008, diante de máis de 1 millón de persoas, indicou que o propósito do tema é unir a xente en torno a música de baile e render homenaxe ás vidas que se perderon, “xa que os seus recordos seguen vivos nos nosos corazóns”

 

PAUL VAN DYK E A LOVE PARADE

Paul Van Dyk foi parte da organización do Love Parade os primeiros anos do festival, que tiña un carácter político pola paz e o entendemento internacional a través da música, quedou moi afectado cando se decatou da traxedia, e indicou que “o festival perdera parte da súa esencia o realizarse fora de Berlín, pero con Remember Love queremos recuperar parte da esencia do Love Parade e tratar de axudar a aqueles que sufriron. É un honor traballar xunto a Armin Van Buuren e Paul Oakefold neste proxecto tan importante. Axúdennos a axudar a outros.”


O TEMA ESTARÁ A VENDA EN BEATPORT

Remember love estará dispoñible a partires do 10 de setembro baixo o nome de DJ UNITED, exclusivamente no portal de compra de música por internet “Beatport” durante dúas semanas.
O tema estreouse nos programas de radio dos 3 compoñentes na semana antes da publicación, a colaboración dos tres artistas promete que o tema incluirá o mellor deles segundo Oakenfold describe o tema da seguinte maneira:

“ Remember love ten a sensación melódica que representa o meu son, a emoción e o movemento da música de Armin Van Buuren, e a enerxía e o tacto estimulante que proporciona mellor que ninguén Paul Van Dyk”

Esperemos que esta iniciativa teña éxito e que a conciencia sobre a celebración de festivais cambie e non se mire só en termos económicos senón que o primeiro é a seguridade da xente.


Fonte:
http://www.arminvanbuuren.com/news/2010/09/paul-oakenfold-armin-van-buuren-and-paul-van-dyk-unite-for-loveparade-charity-theme/

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy