Descontos para mercar Cubase ou Nuendo si es usuario de Pro Tools
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Alberto   
Martes, 20 Decembro 2011 22:16
Logo PLUGINAUDIOA empresa Steinberg lanzou unha oferta o pasado mes de novembro, con duración até o 31 de xaneiro do 2012 para os usuarios de Pro Tools 7/8/9 (non inclúe as versións LE)onde teñen a oportunidade de mercar Cubase 6 ou Nuendo 5.5 con descontos de até o 33%.

Para acceder a esta oferta, tes que enviar o teu número de licenza (do Pro Tools) e a factura da compra na web www.pluginaudio.es
Ler máis...
 
Ableton lanza a súa oferta de Nadal
Escrito por Lorena Iglesias   
Martes, 22 Novembro 2011 12:21

Como cada ano os amantes de Ableton e aqueles que queren adquirir un están de noraboa, a campaña de Nadal xa comezou este día 15 de Novembro e seguirá até o 15 de Xaneiro. Esta campaña consiste nunha oferta especial dun desconto do 25% en todos os produtos Ableton: Suite 8, Live 8, Live Intro, Max For Life e actualizacións.

Podedes conultar todas as ofertas na páxina oficial de Ableton.

 
Apple patenta a detección polifónica de notas
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Sábado, 29 Outubro 2011 12:51

Unha das posibles novidades que pode traer o vindeiro Logic Studio pode ser a detección polifónica de notas xa que Apple patentou esta idea a semana pasada. A patente fala de un método e sistemas dun procesador para a detección de notas e picos de frecuencia, tamén se detectará os harmónicos e intervalos integrales.

Esto significará que o programa detectará que notas toca unha melodía tanto sexa dun medio analóxico como dixital.

 
Chega o décimo Pro Tools
Escrito por Lorena Iglesias   
Xoves, 27 Outubro 2011 12:45

A empresa Avid ven de presentar Pro Tools 10. Esta nova edición engade melloras que se veñen pedindo hai tempo como: soporte de sistemas 64 bits, uso de múltiples arquivos nunha mesma sesión, novo sistema de xestión de discos, novos plug-ins máis completos, 500 novos controles EUCON, novo mixer con maior resolución, soporta mesturas de 5.1 en estéreo, integración con Soundcloud e posibilidade de monotorizar as latencias de dispositivos externos.

Ler máis...
 
Christian Smith acusa de plaxio a Luca Citoli
Escrito por Lorena Iglesias   
Martes, 25 Outubro 2011 12:10

Esta semana Christian Smith denunciou públicamente no seu Facebook que Luca Citoli lle plaxiou o seu tema coñecido como "The Price Of Freedom". Según Christian: " Unha cousa é usar un sampler e alteralo e outra coller o sample completo e simplemente mudarlle o nome do produtor".

Últimamente ás acusacións de plaxios están ó orde do día, suponse que todo isto ten que ver porque ó final todos os produtores rematan usando as mesmas librerías para facer temas.


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 12