Pioneer anunciou onte 18 de setembro o novo lanzamento do CDJ-2000. A evolución das ferramentas de pioneer foron sempre constantes por iso agora presentanos este novo producto, co que pretenden revolucionar o mercado.
A súas características principais son:
Compatíbel cunha amplia gama de formatos de reproducción. Xa que ademais de reproducir CDs de audio e DVDs pode ler arquivos de música dentro de tarxetas SD ou dispositivos de almacenamento USB, como unidades de flash ou discos duros. Os formatos que pode ler son MP3, AAC, Wav e AIFF (16/24-bit). Isto quere dicir que unha persoa pode cargar unha biblioteca de música no seu Pioneer CDJ-2000 co seu USB e levala onde queira.
Pantalla:
Unha pantalla de 6.1 pulgadas permite unha definición excelente para que os Deejays poidan dun vistazo obter a información da canción, aínda estando en espazos con pouca luz, como ten a acontecer nas cabinas.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza