Ableton Live Intro
Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Mércores, 04 Novembro 2009 15:22

Hoxe preséntase a nova versión de Ableton Live, que é Ableton Live Intro. Non é mais que unha versión reducida do programa orixinal pensado para ser mais económico (99 €) e manexable.

As características que mantén son: Impulse, Simpler, Rewire (mestre/escravo), MIDI Lock/Sync, Edición MIDI, Tempo Nudge, Freeze, Crossfader en arranger e magnificador de pantalla.

Os módulos especiais de Intro son: 64 pistas de audio con 12 efectos, ilimitadas pistas MIDI cos seus correspondentes ilimitados efectos, máximo 8 instrumentos racks e Sessions View Scene, 4 instancias de instrumentos VST, 4 entradas e saídas estéreo e máximo de 4 Grooves.

É de destacar algunhas cousas que se botan en falta como pode ser o troceo de pistas, soporte de instrumentos e efectos externos, o modo Warp e o mesturador de rack InLine.

A presentación en España farase este Venres na SAE Madrid.   

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy