Native Instruments nestes últimos anos deulle unha volta de rosca ó chamado DJing (pinchar en dixital), as súas melloras nos Traktor e productos como a Maschine, déronlle credibilidade no mercado, consolidando o estilo de pinchar en dixital. Agora chégannos cun aparello novedoso, o Traktor Kontrol X1, é un controlador MIDI que permite ter acceso en directo de todas as funcións do Traktor. Este dispositivo é moi intuitivo, permite navegar por todalas opcións do programa, efectos, seleccións de temas... funciona con todas as versións de Traktor, a parte de poder configurarse para calquer programa que soporte MIDI.
Traktor Kontrol X1 antes de saír ó mercado pasou por moitos exames e incluso foi utilizado en directo por xente coma Luciano e Richie Hawtin para ver cales eran as sensacións de uso.
En España estará dispoñible a partir de Febreiro, cun prezo de 199 € e inclúe a versión Traktor LE (versión básica)



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza