Fai pouco mái
s de 10 anos, en 1999, cando saíu por Tsunami Records, un dos plásticos imprescindibles para entender a historia do Trance ata os nosos días: “Out of the blue” de System F, alcume dun dos pesos pesados do trance, Ferry Corsten.
Moitos especialistas consideran que este disco marcou o inicio da segunda xeración dos xigantes do trance: Armin Van Buuren, Tiësto e o propio Ferry Corsten. Vendeu millóns de copias en todo o mundo e foi licenciado en Reino Unido, Japón, Alemania, Francia, Australia e España entre moitos outros.
Ferry continuaría co proxecto System F, como é de todos coñecido, lanzando o tema Cry con remezclas de Oliver Lieb e Rank 1. Este tema, xunto co tamén famosísimo “Exhale” feito con Armin e outro tantos (incluído un tema con Marc Almond, o extravagante compoñente de Soft Cell), podíanse atopar no álbum completo “Out of the blue”.

Dito álbum, enteiro e completamente remasterizado relanzárase o 22 de Febreiro, cun segundo CD extra con remixes e material inédito.
Co gallo deste relanzamento, Ferry ven de crear a plataforma online "FC System F" (a modo de páxina de equipo de fútbol, sendo cada xogador un dos once temas do álbum orixinal), na cal pódese participar para formar parte do “mellor equipo na historia do trance”.
En www.fcsystemf.com tense a oportunidad de facer remixes de tódolos temas do álbum orixinal, que irán saíndo o largo do ano, excepto o “Out of the blue”, que acaba de saír xa remisturado por Tiësto, Ottaviani, Showtek, Laidback Luke e Koen Groeneveld (increíble remix deste último, que novamente volve a demostrar ser un dos mellores upcommers na escea).
Cada semana, empezando dende o día 2 de febreiro poderáse descargar todo o material orixinal necesario para facer os remixes de cada un dos 10 temas que faltan por saír (hai que rexistrarse en dita páxina, pero é gratis). Dende que saia o material, os participantes terán 3 semanas para enviar os seus tracks, dos que se escollerán os mellores que serán finalmente elixidos por votación na propia web. O período de votación durará unha semana e os gañadores terán a satisfacción de ver o seu traballo publicado e vendido coma un remix oficial de System F. A final de ano ademáis, publicarase un CD titulado “System F Champions” que incluirá todos os temas gañadores. E, por se todo isto non chegase danlle a cada gañador 250 euros polo traballo, máis un lote de merchandaising.
Paréceme unha excelente iniciativa, da que haberá que estar atento a todos eses produtores de habitación… Tal vez entre eles este o próximo Ferry Corsten.





Meneame
Chuza