Entre as melloras da nova versión da nosa revista de música electrónica temos o blog, unha sección onde podedes saber todo sobre nos, quen somos, que música escoitamos, onde atoparnos. Con imaxes e links a páxinas personais, ademais das respostas ás preguntas mais curiosas.
No blog iremos contándovos cousas das nosas aventuras musicais... e non tan musicais.
Enfín, a sección para satisfacer ós máis escudriñadores e quen sabe se a algún ou algunha fan...
Como no resto da web podedes deixar os vosos comentarios e suxerencias, o que fará do blog unha sección interactiva e un novo medio de comunicación entre vos e cada un dos membros da web.
Pódese acceder directamente dende a web principal de galizalectronica.com, na pestaña Blog.














Meneame
Chuza










