As veces as ideas xorden da nada, e un dalle voltas e voltas ata que as logra levar a cabo, claro que para iso fai falta ter ganas de traballar, e hoxe en día, pouca xente fai algo sen cobrar cartos.. supoño que moitos de vos xa sabedes que nós (www.galizaelectronica.com) somos unha asociación sen ánimo de lucro, con tan pouco ánimo de lucro que nin tan sequera sacamos cartos cos banners de publicidade para pagar o hosting (onde se aloxa a web) pero nós nunca tivemos a maior idea de gañar cartos con isto, nin tan sequera para un café... (bueno, se aínda dera para unhas natas de Portugal que están moi boas..).
Non me lio máis.. que xa me estou perdendo, o que vos quería dicir e que non vou redactar como comezou a idea de crear unha páxina web para informar sobre cousas que teñan que ver ca música electrónica, e mais cousas. Se queredes vos ides a este link (non vos queixedes que ata vos poño o link directo) para que miredes a nosa historia.. son só un par de liñas, non creo que vos cansedes.

Unha última cousa antes de comezar, vamos a ver, a imaxe que hai na portada.. e neste artigo tan bonita dunha ponte.. non é nin de New York, nin a Ponte de Rande, nin na Coruña e digo isto porque varias persoas me dixeron iso.. non vou dicir nomes porque hai algún membro do equipo e logo quedamos mal. E a Ponte Das Tirantes en Pontevedra... despois desta aclaración xa vos podo contar todo o roio:
365 días de cultura electrónica, e 365 días de in-cultura electrónica para os que non vos pasástedes por esta web, a nosa pequena pero grande en contido Galizaelectronica que cumpre o seu primeiro ano de vida como o primeiro diario dixital de música electrónica con actualizacións diarias (bueno case, que algún día se nos esquece actualizar). Nós, ao contrario que os políticos si podemos falar de feitos nestes primeiros ano como goberno electrónico na rede, porque aínda que non vos pareza, oes, non sabedes o traballo que da facer unha web como esta.. que aínda que non o pareza xa hai case 300 e pico (e pico largos) artigos publicados na rede, e vaia, aínda son, claro que de pouco serviría publicar os artigos se vos (ou ti, non sei cantas persoas estades a ver este artigo na túa casa) entrarades na web, e en especial os foreros de galizaelectronica.com, que a pesar de que algunha vez teñen algunha liorta polo foro, no fondo son todos e todas boa xente.
E xa por último, dicir que nos gostaría facer unha festa de aniversario, pero como non temos un duro imos ter que esperar algúns meses e bueno, se algún empresario nos esta lendo pode porse en contacto connosco a través da sección sobre nos -> contacto, por se quere publicar algún artigo na web e iso..
Agradecementos:
A todos os medios de prensa que no noso primeiro ano de vida que nos deron a coñecer:
Faro De Vigo, Codigo Cero, Radiofusion, Vieiros, A Nosa Terra, La Voz De Galicia, Vigometropolitano e Radio Galega.
Tamén o noso equipo de revisión de textos, que ultimamente traballaron bastante para que hoxe o día do aniversario podiamos publicar bastante contido.
Agradecerlle en especial o selo discográfico Housearth Records en moi especial a Fabián poro todo o apoio mostrado.
Tamén a: Lorena, Ernesto, Martín, Iago, Hadrián, Judit, Estela, Antía por deixar que os convencera para participar neste proxecto.
A Adrián (Per) por sempre colaborar connosco, a Cristina por estar unha tarde sacándonos fotos para saír en La Voz de Galicia, e a Tamara.
A Severo de Ponteareas polo apio mostrado.
A Toni Alvarez de Breogain en Vigo.
Alberto Grandal, mércores 1 de abril do 2009. Salvaterra Do Miño - Pontevedra.














Meneame
Chuza










