Biografía de Frances Lerouge
Alias: Frances Lerouge
Nome: Magín Pérez López
Residencia: A Coruña (Galicia)
Data de nacemento: 2/10/1979
Estilos: nu trance, minimal, electro, techno, progg, house, tech house …
Influencias: a xente, as charlas, os libros, os cadros, as fotografías, os soños, os amigos, as mozas, os cores, os olores, os ríos, os animais, as cancións, casio PT2, a miña primera guitarra, o meu trasteiro, Eloi, A Casa da Leiteira, James Holden, Alex Under, Stephan Bodzin, Nathan Fake, Distorsion Armonica, Apparat, Thomas Schumacher, Tiefschwarz, Underworld, Daft Punk, Sven Vath, Richie Hawtin, Chris Liebing, Ozgur Can, Gabriel and Dresden, Max Graham , Santiago Niño, Tiësto's Cream Ibiza 2003 sets, Peisaco, Dominik Eulberg, Gregor Tresher, Agoria, Republica Sonora, ManodeMarsella, Arteixo, Joris Voorn, Nilo, Gui Boratto, Perlssdj, Pablo Honey, Boris Balkan, Paul Kalkbrenner, Sasha, the Cricket dj, Natura Sonoris, Fanzine, Chymera, Lefrenk, Roi, Luciano, AGM, John Talabot, mmm ...
Bio: O proxecto de "Frances Lerouge" nace da idea e da necesidade de expresión de Magín feita electrónica. Dende os seus oríxenes como guitarrista en distintas bandas de rock con influencias como "The Jimi Hendrix Experience", "Led Zeppelin" ou "Nirvana", ata os desacompases de "James Holden" e experimentación de "Richie Hawtin", este xoven prefire non pecharse a ningún tipo de son que axude a plasmar emocións na producción dun tema ou ó levar adelante un set. Frances Lerouge fixo soar a su música en locales da súa cidade como Global Club, Fanzine ou en Sala Fox (da que foi o residente no 2008 compartindo cartel con Mike Shannon, Tadeo, Expander, Billy Dalessandro, etc ...) e fóra de Coruña, como en Le Suite, El Manco (Vigo), Sparks, Cocos (A Laracha), Sala Dublín (Carballo), Sala Vogue (Granada) ... Tamén estivo presente en distintos festivais, como no Festival de A Furna 08 (Corme), Festival da Salseira 09 (Caión) no programa de festas de Mº Pita en A Coruña 2009. Rawmatroid (www.rawmatroid.net) é o selo dixital co que, xunto ós zaragozanos Distorsion Armonica e outros artistas, trata de servir de oportunidade para a difusión da música dunha maneira global, usando internet como plataforma e amparándose no concepto de cultura libre. Como membro de A Casa da Leiteira, un grupo de artistas multidisciplinares vindos de Paiosaco, Arteixo e arredores, participa en distintos eventos que van dende o musical e o artístico (electrónica, folk, jazz, hip-hop, fotografía, deseño, exposicións ...) ó púramente lúdico. Republica Sonora é o outro colectivo, enfocado exclusivamente á música electrónica, no que tamén é parte activa.
O seu comezo na producción é relativamente recente; durante este tiempo ha terminado algúns tracks como “El niño” e “ID_tool” (incluídos no seu primeiro traballo “El niño EP” rwclub002), "Pequeñas cosas que contribuyen a mi felicidad”, “Poema”, “Gente que hace que conozcas a otra gente” “Glisandos, letras e arranxos”, “Estar en casa” ou "Azules y negro" (estos tres últimos recollidos na súa segunda publicación “Estar en casa EP” rwclub006), “Domingo de Otoño en Primavera” e “El Cuento de Dani y el Lobo” nv016). Nos próximos meses verán a luz novos traballos para Rithmus e outros selos).
Co nome de Magín traballou como colaborador en distintos proxectos audiovisuais, como para a Facultade de Ciencias da Comunicación de A Coruña, a edición '07 do Barcelona Visual Sound Festival e na Mostra d'Art Jove d'Horta Guinardó Stripart ’09, tamén para o concello de Barcelona. Actualmente dedica parte do seu tempo a “ORh-“ , traballo conxunto sobre a doación de sange en colaboración con Parasit, presentado en formato directo en decembro do 09.
<> www.franceslerouge.com
Traballos e colaboracións
Frances Lerouge
- Cuentos & Cantigas EP (Neovinyl 2010)
Lefrenk & Frances Lerouge - Domingo de Otoño en Primavera
Frances Lerouge - El cuento de Dani y el Lobo
- Estar en Casa EP (Rawmatroid 2009, rwclub006)
Azules y Negro
Estar en Casa
Glisandos, letras e arranxos
- El Niño EP (Rawmatroid 2008, rwclub002)
El Niño
El Niño (Kebiin rmx)
El Niño (James McConeghew rmx)
ID_Tool
Magín
- 0Rh- (2009)
Proxecto conxunto con Parasit sobre a temática da donación de sangue no que son, vídeo e poesía mestúranse para estimular sutilmente oído e vista, buscando como resultado final axitar a conciencia
- Stripart (2009)
Colaboración no proxecto audiovisual de Oscar Escribano dentro da Mostra d'Art Jove d'Horta Guinardó 2009 (Ajuntament de Barcelona) sobre o impacto das estructuras arquitectónicas sobre o home, e a interacción pel-pedra
- Fotolámparas (2009)
Proxecto conxunto con Mahoney sobre fotografía, audio e media Exposición e live act audio/video de 10 fotolámparas feitas a man con un ambiente sonoro composto para cada unha
- Reset (2008)
Colaboración no proxecto audiovisual de PabloHoney para la Universidad de Comunicación
Audiovisual de A Coruña Live act basexado na interactividade espectador/obra composto de 4 paneis visuais e 4 altofalantes
- Dé-Construcció (2007)
Colaboración no proxecto audiovisual de Oscar Escribano dentro do Barcelona Visual Sound Festival 2007 Curto sobre a edificación descontrolada e o retorno ó individuo





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza