Este galego, melómano de nacemento, xa en plena adolescencia participa como guitarra e vocal en varios grupos de punk-rock. Pero será en 1994 cando entre en contacto coa música electrónica. Paulatinamente, no 99, introdúcese na cultura de club ao tempo que comeza os seus estudos de dereito en Santiago de Compostela e, tras organizar numerosas raves e festas privadas ( la Trigada Cangas, Finca del moro Ourense, La terraza Santiago. ) decide dar a cara e no 2003 será o ano no que comeza a pasearse pola noite compostelana pinchando en salas como Century, La Reserva, Cool, Perez y Perez, HouseGilito, o Abbyss, onde tendría unha residencia mensual. Ademais acude periódicamente a Pontevedra e Vigo, actuando en salas da talla de Vademecwm, Codigo de Barras, MouchClub, Le Suite ou Octopus. Tras varios anos intensos trasládase á Coruña, onde pinchou en locales como El Soda, O Portiño, SparksClub, Fox, Global Club.sen olvidarnos da rave de Naseiro 2005 (Lugo), a súa participación no festival REPERKUSION en Allariz, no festival ELECTRODIFUSION en Verín ou das súas múltiples actuacións en Ourense en locales como La Burbuja, el Loops, El Badulake, el Minibar, el Núcleo ou amenizando as tardes de Kaos. Compartiu noites de fatiga na cabina con diversos artistas, entre os que se atopan John Starlight aka Zombie Nation , Christian Smith , Pedrula aka Pete M , Kiko Navarro , Vilouta , Grobas , Viktor Flores , Electric Smoke , Roi , Piky , Geno , Fran López , Oscar Pazos , R.Confusion ou Pablo Lopez , ademais de pinchar en algunha ocasión xunto ao colectivo X-ample, Frequencies... Na actualidade atópase embarcado, xunto ao DJ vigués residente do Mouchblub R.confusion, na creación do colectivo musical INKIETO. A súa música caracterízase por a elegancia do mínimal-house, o sonido puramente alemán e por unha constante evolución nas súas sesiones de principio a FIN.





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza