Novo EP Laszlo Hollyfield - Bassically Yours
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Mércores, 11 Novembro 2009 22:44

Rawmatroid4 novas pistas, incluída unha versión live, forman esta 8ª referencia de Rawmatroid Club composta nesta ocasión por Laszlo Hollyfield: "Bassically Yours EP"


Comentarios do autor:

O E.P. foi creado tendo en mente o funk dos oitenta máis casposo , dándolle un toque máis actual e utilizando ritmos máis marcados. Por suposto, maméi o trance de principios dos '90, e creo que iso nótase faga o que faga."


A melodía empuxada a golpe de sinte e a marcada percu sión de Trauma Disco abren con forza e sen ningún complexo este traballo, facendo evidentes as influencias das que Laszlo fala.

Modabazo é un track con aires ácidos que, según va soando, de maneira progresiva déixanos nos oídos sabor a psicodelia.

En Vaporoso, sedúcenos de novo melódicamente, dunha maneira esta vez máis suave e cos mesmos bpm pouco acelerados dos anteriores tracks.

Como última pista, unha versión live chamada Hill Valley: beats suaves e certa melancolía no ambiente que pechan de maneira xenial "Bassically Yours EP", un traballo con clara esencia retro e coa inconfundible marca de Laszlo Hollyfield.

Bassically Yours EP  Bassically Yours EP

 Tracklist:

01. Trauma Disco
02. Modabazo
03. Vaporoso
04. Hill Valley (Live Station Mix)

 

Download -> http://www.rawmatroid.net/?page_id=494

Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy