|
Sábado, 21 Novembro 2009 22:06 |
|
Tres Catorce netlabel celebra o seu segundo aniversario en Novembro de 2009, coincidindo ca edición da súa segunda compilación antolóxica, chamada Cosmoloxía Pitagórica. Esta obra contén claves moi interesantes na liña que manten o label, abrindo ó tempo novas físgoas de esperanza no futuro musical. Un traballo downtempo outonal e melancólico que nos trae atmósferas clásicas e atemporais nunha roupaxe electrónica que vai estourando en artificios de fondas emocións.
Trátase dun exercicio conceptual compilado en torno á matemática electrónica de re-cámara con recurrencias estilísticas variadas. Os soños e o recordo, emitidos en frecuencias de infinita proxección comunicativa, nun foguetazo de excepcionais retratos da vida e do tempo.
Harmonías prospectivas e indagadoras, con concepcións estéticas pluriformes. Diversas frontes provintes de ubicacións xeográficas dispares. Con Cosmoloxía Pitagórica temos un mapa completo das direccións nas que camiña o label. Aparecen traballos de Missqulater –o xaponés que lle insulfla brocha ácida ó contexto-, Astroboyz, Deloise ou John Connor, xunto a novas propostas, moitas das que, con toda probabilidade, nun futuro inmediato verán traballos individuais o seu nome en Trescatorce. Introspección noutros ámbitos de concepción da electrónica, nunha profusión estilística selecta. Un convite en clave numérico de lecer para os sentidos é o que ofrece Cosmoloxía Pitagórica.
 Pica na imaxe para descargar Tracklist:
01 -Anagramm - Je Partirais 02 -Dizmal Dubstep - Was 03 -Phonetic System - Life snapshot 16 04 -Nonima - The Exception (feat. The Audiologyst) 05 -Interval - Toronto 06 -Sina - Pray for Time 07 -Orvonton - Para el aire 2 08 -Versive - Face Flat Fall 09 -Deloise - Aldám (feat. Dj Khiko) 10 -Nick R 61 & Malicius Penetrator - Singing bowl 11 -Titus Twelve - To the Ancient 12 -Quarkore - Hurricanes 13 -Missqulater - Transaction Acid 14 -Chaos Connection - Screwhead 15 -John Connor - Nueva Era (feat. Missqulater) 16 -Astroboyz - Loosed Innocence
 |