Entrevista a DJ Nakamichi
Escrito por Alberto   
Martes, 23 Setembro 2008 21:54

DJ NAKAMICHI FOI O PRIMEIRO DEEJAY GALEGO EN PINCHAR NA PRESTIXIOSA SALA PONT AERI EN BARCELONA, ADEMAIS É UN DOS POUCOS PRODUTORES DE MÚSICA HARDCORE NA GALIZA.

nakamichi¿Como é que comezaches tan cedo a pinchar?

Pois a chispa xurdiu cando vin a un familiar meu que fora Dj anos atrás pinchar cun coñecido programa de pc o que me chamou moito a atención, tanto que comecei a interesarme polo arte das mesturas e comezando por ese software comecei a vivilo coma algo máis que unha afición, pouco a pouco fun mercando os equipos necesarios para montar unha cabina na miña casa.
Eu era xove e pasábame os meses aforrando para mercar a mesa, os platos... Miña nai dicía que estaba tolo cando lle pedín permiso para gastar 600 euros nunha mesa de mesturas. Quen diría que acabaría ganándome a vida diso...

¿Con qué estilo comezaches a pinchar?


A verdade é que tardei anos en encadrarme nunha serie de estilos predefinidos, comecei pinchando estilos tan variados como o trance, italodance, hardhouse, techno, ainda que pouco despois coñecin a música makina que me namorou ata o dia de hoxe. A pesar diso, nunca me considerei Dj dun só estilo, dende o meu comezo sempre acompañei a música makina con outros estilos para non facer as sesións tan monótonas, por iso nas miñas sesións pode soar dende hardcore, hardstyle ata o newstyle ou o jumpstyle, pasando por algunha base heavymetalera jeje. Hai que innovar o estilo, que diso se trata.

 ¿Qué lembras do teu paso por Pont Aeri en Barcelona?

O sentimento máis forte que gardo desa discoteca é o "bó roio" e o sentimento festeiro catalán do que gardo algúns dos meus mellores recordos. Algo que me chamou moito a atención é a forma na que alí se vive a música sendo case unha forma de vida para moita xente, outro matiz a destacar é a gran capacidade para mobilizar xente que teñen as grandes discotecas de alí, entre elas PONT AERI, onde cada sábado achégase xente de toda Francia, xente de todo o levante, e en xeral, de toda a nosa xeografía. Por certo, case todalas veces que estiven alí, atopeime con algún galego, ós que non dubidei en lanzarlles un saudo dende a cabina.

¿Cal foi o motivo polo que comezaches a pinchar sobre todo makina e hardcore?

Non existe un motivo concreto, máis ben considero como unha evolución da miña persoa como Dj, porque comecei con estilos lentos e melódicos, pero chegou un momento no que sentía un vacío musical que só puido encher a makina e posteriormente o hardcore, necesitaba contundencia e ó mesmo tempo, melodías pegadizas e isto o conseguín mesturando eses 2 estilos ó que tamen engadía bases e capellas para darlle un toque persoal ás miñas sesións, e o mellor, é que parecía gustarlle á xente.

¿Onde te podemos atopar en internet?

Agora mesmo a miña principal zona de traballo é eternityshop.es onde estamos preparando unha web discográfica ETERNITYMUSIC da que moi cedo poderedes disfrutar. Ademáis diso, entre varios Dj’s galegos máis eu, estamos creando unha web para dar a coñecer os nosos estilos contundentes a todolos galegos e que adianto que se chamará HARDJS GALICIA. Moi cedo a coñeceredes. Estou tamén preparando unha web persoal, con sesións, album de fotos, etc., aínda que sinto que a presentación retrasarase un pouco por motivos de traballo. Como podedes ver, ando sempre con mil cousas na cabeza. Agora que recordo a miña cuneta myspace, leva meses sen ser actualizada jaja.

¿Cal é a túa relación, con Dj Phoenix?, ¿faceces sesións e producción xuntos?

Dj phoenix máis eu somos persoas totalmente distintas, aínda que a nosa relación é moi boa. El é dos que lle gusta arriesgar tanto á hora de pinchar coma á hora de facer negocios, aínda que a el lle debo as grazas pola súa astucia nos negocios, o que levou a nosa marca ata o máis alto despois de superar múltiples baches. Eu son unha persoa precabida á que lle gusta camiñar sobre seguro, cada un de nós ten cualidades das que soupemos aproveitar no seu momento, e que nos permitiu saír adiante en todo momento. No tema produccións adianto que en breves sacaremos un disco co selo ETERNITYMUSIC e que só podo dicir que sera un remix makina cantado dun tema famoso, teredes que quedar ca intriga ainda que prometo regalar unha copia ó equipo GALIZAELECTRÓNICA para que poida opinar sobre él e así axudarnos a mellorar.

¿Vés de vez en cando a túa terra galega?

Por suposto, ben certo é que se bota moito de menos a terra cando se esta fora dela, por iso sempre que podo fago unha escapada ó meu querido Rianxo para visitar a familia e os amigos, máis agradable é a visita cando ademáis de estar ca familia tiven o placer de pinchar na sala DUSH en Sada o pasado mes de Xuño xunto con varios Dj’s de makina e hardcore galegos, e no que foi unha das primeiras festas deses estilos en terras galegas.  

 ¿Hai escena  hardcore na Galiza?


Por desgraza apenas temos escena hardcore, só as festas que nós organizamos cando nolo permiten os locais, xa que solen ser reaccións a facer festas desde estilo de música, algo que si que hai é xente que lle gusta o hardcore, e Dj’s que o pinchan, este ano coñecin a varios entre eles estan DJ KESO, DJ NOYSE e LINUX DJ máis coñecido como CARLOS CABALEIRO ademáis doutros, e quero dicir dende aquí que teñen unha calidade como Dj’s incrible e non teñen nada que envexar ós de fora.
Gustaríame aproveitar esta pregunta para dar a coñecer un pouco máis a un amigo de Vigo chamado DJ DASAINT, que cando eu estaba comezando no mundillo el xa publicara varios discos con dj motor e xa habia traído a DJ SKUDERO dende PONT AERI a Vigo, e que despois crearía o selo Pressure Records, si señor, este Dj fixo moito pola escena hardcore en Galiza, dende aqui un forte abrazo!

 ¿Cales son os teus estilos musicais preferidos hoxe en día?


Como dixen antes os estilos que máis me enchen son a makina e o hardcore, aínda que escoito unha gran variedade de estilos coma o hardstyle, jumpstyle, newstyle, hardhouse, handsup... Por certo, cando quero desconectar un pouco escoito heavy metal que é un estilo que sempre me gustou aínda que non o poida pinchar jeje.

¿Que proxectos de futuro tes?

Agora o meu proxecto máis importante é converter a marca ETERNITYMUSIC nun selo discográfico importante, e tamen saír adiante ca tenda de discos que temos en Madrid e da que agora adico a maior parte do meu tempo. Outro proxecto como antes comentei é o de sacar un disco co meu colega Phoenix, máis de levar adiante o grupo HARDJS GALICIA e darnos a coñecer por todo o territorio, por festas, actuacións, etc. Agardamos que pronto recibades noticias nosas.

 ¿Que lles dirías ós lectores de galizaelectronica.com?

Antes de nada quero darvos as grazas por interesarvos en leer a miña entrevista e tamén dicirvos que se vos gusta a música electrónica non deixedes de ir a discotecas, raves e festivais porque o público é a parte máis importante para que se poida levar isto a cabo. Gustaríame que en esta terra que tanto se escoita a música electrónica se vivira a música con un sentimento igual ó que eu sentin cando entrei en PONT AERI. Para disfrutar de verdade da música hai que vivila, levála dentro, e eu animo á xente a que busque o seu estilo para encherse por dentro con él e ser así máis felices.

Un saúdo a todos/as e moitas grazas ó equipo de GALIZAELECTRÓNICA.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy