Entrevistamos a un grupo coruñés que leva un tempo dando que falar no territorio galego cas súas producións e directos. Dende a modestia pero sabendo que as longas horas de estudo están a dar os seus froitos, cóntannos en exclusiva de que se valen para crear música, os selos cos que colaboran, os aparatos que utilizan nos directos e que teñen pensado ofrecernos nun futuro próximo.
Calquera que escoite a vosa música, aprecia ó momento o toque distintivo que intentades transmitir ós vosos temas. ¿Como definiriades o voso son?
O noso son é unha mestura dos sons que nos gustan a cada un en particular, posto que a primeira ollada os dous temos gustos bastante diferentes, pero no fondo a nosa esencia é techno e progressive que se nota bastante nos temas. Tamén adoitamos usar moito acordes de música deep, sintetizadores con sons acedos, toques oitenteiros, anacos de voces, caixas marcadas... De todos os xeitos nunca buscamos un son en concreto cando estamos no estudo, simplemente sáenos así.
Tendes unha asociación chamada Electrónica Galega. ¿Poderiades falarnos sobre o asunto?
Electrónica Galega é unha asociación sen animo de lucro formada por produtores e amantes da electrónica que se reúnen para promocionar os traballos feitos en Galicia. Temos, desde un grupo en soundcloud para que todos os produtores enlacen os seus temas (a dia de hoxe xa hai 99 produtores inscritos e 399 cancións) a un grupo en facebook onde enlazamos as cousas que nos chegan (este traballo faio o produtor Oscar López) Na web tendes toda a información.

Xestionades o selo Triple Recordings, con vida dende 2007. ¿Cal foi o enfoque do label á hora de levalo a cabo?
Realmente levamos ano e medio dentro do que é a xestión deste selo, xunto con Jesus Branco, e tamén Fran Rodriguez, Fernando Mesa, Darkrow e quixemos enfocar o selo para sacar asiduamente temas de xente de Galicia, ou orixinais de xente de fóra pero sempre con remixes de xente de aquí. Resumindo, apostamos polo son galego e estamos moi contentos co resultado.
Publicastes a segunda referencia de NuLabel, titulada Monster Parade. Parece que tendes unha relación moi estreita con distintos netlabels.. Como artistas que crean a súa obra para o mundo, ¿que opinión vos merece a chamada “Ley Sinde e cal é a vosa posición sobre alternativas de xestión de licenzas como Creative Commons?
Nós, como autores, entendemos o desamparo do autor ante a revolución dixital, pero cremos que iso non é motivo suficiente para que o goberno impoña uns canons absurdos e mal expostos. Tamén cremos que, debido aos avances tecnolóxicos deste ultimo século, a cultura como tal, ten que ser libre e gratuíta, para o que non lla poida permitir, e para este labor temos unha ferramenta moi útil: internet.?? Estamos totalmente a favor da libre circulación de datos na rede e totalmente en contra da lei Sinde. Quizais esta lei con outra formulación e cunha repartición xusta e equitativa cara aos autores poderíase apoiar, pero a condición de que internet seguise sendo libre e a entidade de xestión que se encargase disto non sexa como a que temos agora. A cultura non é algo elitista, e isto é precisamente o que queren conseguir, que só poidas conseguir cultura gastando diñeiro, e non todo o mundo pódello permitir, ademais pensamos que para un autor, o importante é que a xente goce coa súa creación, o resto é secundario.
Nós, como autores, entendemos o desamparo do autor ante a revolución dixital, pero cremos que iso non é motivo suficiente para que o goberno impoña uns canons absurdos e mal expostos
Respecto ao tema Netlabel, somos, fomos, e seguiremos sendo participes en netlabels talles como Teorema, moucho Nl, rawmatroid, nulabel... e seguiremos publicando en netlabels, porque nos encanta a filosofía de Creative Commons, e cremos que a música (entre outras cousas) como cultura que é debería de ser gratuíta, sobre todo para quen non pode costeala tal e como está hoxe montado o asunto.
Cónstame que pasades longas xornadas no estudo. ¿De que equipo vos valedes?
A nosa principal ferramenta no estudo é a computadora, tamén nos apoiamos de cando en vez nun sinte dos 80 (korg poly 800) para facer algunha melodía ou acorde, e nunha Roland TR-303 para facer algún ritmo nos temas, aínda que non a adoitamos usar moito. Tamen temos un Yamaha DX200 que estamos testeando para ver se o podemos incluir no directo. De equipo de monitores temos 4 yamaha HS50 e un subwoofer. De software usamos Ableton Live (ultimamente o Logic estános a chamar moito a atención) xunto con diversos Vsts.
Publicastes na rede un paquete de samples (sample pack) gratuíto, que pola información da que dispoño, tivo unha grande acollida. ¿Que e onde podemos atopar neste paquete?
Este é un paquete de samples que fixemos fai un tempo para a páxina de remesturas findremix onde o que queira pódeo descargar gratuitamente sen problemas. No paquete atoparedes un pouco de todo, baixos, pegadas, ritmos, agudos, e longos fx, que realmente son a esencia da nosa musica, xa que é dos nosos temas e directos de onde os fomos sacando. A verdade impresionounos a acollida que tivo, con mais de 5000 descargas, e enorgullécenos moito escoitar temas que teñen algún dos nosos loops. Animamos a todo aquel que non o teña aínda, que o faga e próbeo.

Tendes unha bagaxe considerable remesturando temas, ¿cal credes que foi o voso mellor traballo e que tendes entre mans nestes momentos?
Realmente, non temos unha remestura favorita, quizais nos chama moito unha que fixemos para un concurso de Cora Novoa (que non gañamos) ou calquera dos que lle fixemos a David Granha para o seu selo Aegyptia.
Respecto as proximas releases, a finais de setembro sairá unha remestura que fixemos a Funk D´Void no seu selo Outpost, oportunidade que conseguimos grazas a gañar un concurso de remixes do tema "italoca" na páxina Findremix. Tamen en outpost preguntáronnos se tiñamos temas novos para mandarlles, porque estan moi contentos co remix, e en breves teremos que preparar algo para eles. Por outro lado estamos preparando un EP xunto con David Granha, ao cal xa tiñámoslle moitas ganas desde fai tempo e do que creemos sairá algo moi interesante. Tamén temos listo xa un Ep para audiojunkies, selo de Adam Sheridan, que contase cun remix do Vigues Fran Rodriguez. Logo en xullo sairá un Ep en de dous orixinais xunto cun remix de Bernie Allen para outro selo, a verdade é que temos unha chea de releases para saír este verán, tamén en Triple Recordings, Liquid Grooves, Nulabel e algún selo mais... Tamen Javier Orduña interesouse polos nosos temas para o seu selo Cuatro...e algunha sorpresa mais. A verdade é que non nos podemos queixar.
Cónstame tamén que tendes na cabeza intentar levar a cabo un directo con instrumentos en vivo. ¿De que instrumentos estaríamos a falar e cómo está ese tema?
Pensamos que sempre hai que probar cousas novas, sen terlle medo ao descoñecido, e levamos tempo plantexándonos seriamente incluír instrumentos nos nosos temas, e sobre todo no directo, con músicos de verdade, non pseudomusicos como nós, e cremos que cando acabe o verán xa teremos claro como será todo, por agora contamos con Edgar Cal, un crack tocando o violín, e unha moza de aquí de Coruña para cantar, e bo algunha cousilla mais, pero non hai nada concreto polo momento...
Levamos tempo plantexándonos seriamente incluír instrumentos nos nosos temas, e sobre todo no directo, con músicos de verdade, non pseudomusicos como nós, e cremos que cando acabe o verán xa teremos claro como será todo
Falando de directos, Freshweekend, o festival máis potente de todos os que se celebran na nosa comunidade, contou coa vosa presenza para a súa segunda edición. ¿Cales foron as sensacións no mesmo?
Pois a verdade é que estamos realmente contentos do noso paso por ese pedazo de festival, fíxonos moita ilusión participar nel, e pasámonolo realmente ben facendo un directo ante tanta xente bailando e nese escenario tan espectacular, mais non podemos pedir. Inda por riba permitiunos probar a nosa musica nas condicións ideais, como nunca antes, e o resultado foi unha inxección de confianza en nós mesmos, e de ganas de seguir traballando, que sempre fai falta de cando en vez.
A.G.M.! & Quintrix Live! @ Fresh Weekend (Cerceda -Coruña) IBIZA SONICA RADIO01-07-2011 by A.G.M!&QUINTRIX
Por último, agradecer o voso tempo contestando estas preguntas para os lectores de GalizaElectrónica. Pola nosa parte desexarvos moita sorte.. Dámosvos agora a posibilidade de dirixirvos ó público dende aquí. Carta branca..
Grazas a vós por esta oportunidade, só dicir que en Galicia está a pasar algo no mundo da electrónica, e iso é algo marabilloso, e queremos simplemente animar a todos os produtores e dj's galegos a que traballen duro conxuntamente para que entre todos consigamos que a nosa terra convértase nun referente no que a musica electrónica refírese, porque que llo merece, e porque hai moita xente e moi moi boa traballando duro nestes momentos...
Un saúdo a todos os lectores de GalizaElectrónica e grazas por esta oportunidade de poder expresarnos na vosa paxina.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza