DJ MOU É RESIDENTE DE “EL BOSQUE” UNHA DAS DISCOTECAS CON MAIS PRESTIXIO DA CORUÑA.
Antes de comezar a entrevista, fálanos un pouco da escena da música electrónica da Coruña....
A verdade que para tal como estan as cousas ultimamente tanto na hosteleria nocturna como na vida mesa, penso que as cousas non están nada mal. Actualmente son varias salas as que programan boas festas na provincia. Tamén hai bastantes colectivos que organizan eventos e intentan facer cousas interesantes pola electrónica, aínda que é evidente que queda moito por facer...
A que idade comezaches a pinchar e por que?
Pois comencei poñendo discos aos 16 anos. Un amigo traballaba nun pub e comecei sustituindoo de cando en vez até que rematei ocupando o seu posto cando o el deixou. Fun collendo experiencia durante algún tempo e aos 18 anos chegoume a oportunidade de traballar na discoteca "Bambina" que por aquel entón era a sesión de tarde máis importante da Coruña. Foi todo un reto para min ademais dunha gran experiencia que recordarei sempre dunha forma especial.
Que oportunidade che brinda pinchar en “El bosque”?
Pinchar en "El Bosque" é unha gran satisfacción en tódolos aspectos, xa que ta considerada unha das salas máis importantes non solo da Coruña senón de toda Galicia. Considérome moi afortunado por ter a posibilidade de ofrecer o meu traballo a centos de xoves cada vernes pola noite. Levo máis de catro anos como residente, e cada noite chego con máis gañas de facer bailar á xente...
Como foron os teus inicios no programa de radio Dance Factory?
Con moitos nervos, jejeje. Era a miña primeira experiencia seria en radio e a verdade que todo unha responsabilidade. Era o programa que escoitaba cando empezaba neste mundillo para coñecer as novedades musicais do momento e de repente un día chámame Josiño e me ofrece colaborar con el facendo unha sección. Dun dia para outro pasei a facer radio nos "40 Principales", asique imaxinate... é como un sono cumprido. Pero daquelo xa pasaron varios anos e a verdade que é un verdadeiro orgullo para min formar parte do equipo que facemos o Dance Factory.
Hai moita competencia a hora de pinchar na Coruña?
Non moita, debería haber moita máis!!! Eu son dos que cree que a competencia axuda a superarse a un mesmo e tamén para que os empresarios saiban valorar o que teñen. É como no futbol, canta máis competencia entre xogadores mellor rendemento deles e tamén do equipo.
Que escolles: cd, vinilo ou mp3?
Penso que o cd é o aparello que mellor aprobeita as ventaxas que nos aporta a tecnoloxía sen perder eficiencia algo que hoxe en día é moi importante. É certo que a maxia que ten o vinilo non a ten ningún outro formato pero de tódos os sistemas que probei por prestacións, eficacia e comodidade, quédome có cd sin dubidalo.
Algún proxecto de futuro?
Por suposto! Sempre hai cousas en mente pero de momento nada que se poda desvelar... Prometo informarvos de todo, jeje.
Onde podemos encontrar máis información túa e saber onde vas pinchar?
Pois o queira coñecer máis cousas sobre min, teno todo accedendo o meu myspace a traves de www.djmou.com
Algo que dicirlle os lectores de Galizaelectronica.com?
Que sigan apoiando webs coma esta e disfrutando e bailando a música sempre!!
Saúdos.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza