Entrevista a 22aTICO, a resistencia do vinilo en Galiza
Escrito por Alberto   
Martes, 22 Novembro 2011 20:41

Entrevistamos a Abel, encargado de 22aTICO, unha tenda de vinilos de Lugo que resiste ao formato dixital.

Que é e cando nace 22aTICO?

22aTICO é unha distribuidora de música especializada en formato vinilo. Empezou como unha tenda de discos a nivel local, fundada a mediados dos noventa en Lugo. Ampliamos a actividade como distribuidores no ano 2002 ata a data actual

Como foron os inicios de montar unha tenda especializada en música electrónica?

Ó principio, comezamos ca tenda para distribuír os dj's locais de música. Foi cando empezou a desenvolverse a escena techno en Galicia e había unha demanda importante de vinilos, xa que en Galicia había poucas tendas dedicadas ó vinilo e menos aínda dedicadas á música electrónica. Cando decidimos ampliar negocio e converternos en distribuidores, contábamos con varias tendas tanto en Galicia coma no Estado Español, ás que distribuíamos de discos, e unha carteira consolidada de clientes, o que nos animou a dar o salto

22aTICO


Pódese vivir da venda actual de vinilos?

Actualmente non é posible vivir só da venda de vinilos, polo menos á nivel galego que é o mercado que máis coñecemos. A chegada do mundo dixital ós djs ten unha parte de culpa, é por outro lado está a crise que tamén afecta ós incondicionais do vinilo, que en moitos casos non dispoñen dos cartos que quixeran para seguir efectuando ó mesmo gasto que facían anos atrás. Actualmente aguantamos o tirón, compensando a baixada na venda de discos con vendas de altofalantes, mesas de misturas, controladoras ...

Cando podemos dicir, que foi a data aproximada en que o vinilo comeza a perder aqueles seguidores que parecían fieis e que se pasan ás controladoras dixitais, abandonando este formato no mundo dos deejays?

Foi algo progresivo. Nós empezamos a notalo entre o ano 2007 é 2008 e xa con máis forza a partir do 2010. Actualmente a xente que nos segue mercando vinilos son, con excepcións, os que empezaron ós inicios e que seguen sendo opostos ó formato dixital. Pódese dicir que todos dunha idade de 30 para adiante. Segue habendo interesados en vinilo de vinte e pico anos, pero son os menos.

Recordades algún "super vendas" dos que recibistes  moitos pedidos?

Os discos con máis copias vendidas en 22aTICO, son os seguintes:

1.- underground resistance 049 AZTEC MYSTIC - NIGHTS OF THE JAGUAR
2.- purpose maker 002 JEFF MILLS - KAT MODA EP / THE BELLS
3.-intec 016/016x TOMAZ vs FILTERHEAD - SUNSHINE + REMIXES
4.- virgin ddr2 DER DRITTE RAUM - HALE BOP / POLARSTEN
5.- beat disaster 503 ERIC SNEO - CIAO BELLA
6.- minus orange RICHIE HAWTIN - MINUS ORANGE
7.- upfront 004 VARIOUS ARTISTS - SOL Y SOMBRA EP (AITOR RONDA, DARKROW, JAVI LAGO & PABLO AKAROS)
8.- concept 003 HERTZ - RECREATE (MONTANA RE-EDIT)
9.- adult 008 CARL FALK - ENTRY EP
10.- intec 017  RENATO COHEN - PONTAPE
11.- get physical music 074 SAMIM - HEATER (CLAUDE VONSTROKE RMX)
12.- ingoma 030 VARIOUS ARTISTS - KINGDOM OF DRUMS VOL. 3 (PAUL MAC, MARK BROOM, KEHSO, BEN SIMS, CAVE, MARK WILLIAMS, TOM ANDERSON & JORGE ZAMACONA)
13.-  fuse 501196 TEN YEARS OF FUSE SIX OF EIGHT - THE ADVENT (MONONIX) + JOEY BELTRAM (DROME) + DJ ROLANDO (JAGUAR)
14.- fuse 501198 TEN YEARS OF FUSE EIGHT OF EIGHT - LFO VERSUS F.U.S.E. (LOOP) + BEN SIMS (MANIPULATED. ADAM BEYER MIX)
15.- terminal m 023 MONIKA KRUSE - LATIN LOVER
16.- intec 024xxx COHEN vs DELUXE - JUST KICK ! (CARL COX MIX)
17.- t-classixx 007 TUBE TECH - THE END (ORIGINAL / REMIX)
18.- yin yang 011OLIVIER GIACOMOTTO & ALEC MARQX - TECHNORUMBA (ORTIN CAM RMX)
19.- ingoma 026 BEN SIMS - REMANIPULATOR SPECIAL EDITION (ADAM BEYER & MARK WILLIAMS RMXS)
20.- counter balance 002 SURGEON - LA REAL

22aTICO


Algún vinilo dun artista galego?

* substance records 001 JLG - JAPANESSE STYLE / BRIBAS (EXIUM RMX)
* gsustech 001 - JESUS DEL CAMPO - GSUSTECH / OXIDO
* upfront 004 - VARIOUS ARTISTS - SOL Y SOMBRA EP (AITOR RONDA, DARKROW, JAVI LAGO & PABLO AKAROS)
* patterns 052 - FER BR - LOW BASS
* subcult 12ep3 - VARIOUS ARTISTS - SUBCULT # 3 (CARL, ODESSA SOUNDFREAKS & FER BR vs LUKY RDU)
* Escoita 021 - TELEMACO - DESPOIS DO SILENCIO
* Transhuman 001 - ARCANOID & THE TRANSHUMANS - TRANSCENDING THE POSTINDUSTRIAL
...

Como vedes o futuro da industrial musical en xeral?

Pois negro ... como dicían os punkies dos 70/80 diríamos que "non hai futuro". Coidamos que nos últimos anos houbo una desprofesionalización do sector e que irá a máis nos próximos anos. Oxalá nos equivoquemos pero a industria non o ten nada fácil. Outra cousa é a música que é algo co que nunca se poderá acabar

Pensades que algún día teremos unha industria parecida, por exemplo, a de Barcelona a nivel musical?

Non. Imposible, polo menos a corto ou medio prazo

22aTICO

Que perfil teñen os consumidores que seguen a mercar vinilos de electrónica?

Xente de a partir dos  30 anos (ou xa case 40), que na súa balanza de preferencias prefiren a calidade e non a cantidade. Ademais ultimamente hai un rexurdir de xente que volta a mercar vinilos de pop, rock, punk, reggae ... Pese a que en Galicia aínda non chegou á mesma medida que o resto de Europa, están aumentando as vendas en vinilo de xéneros coma dubstep, grime, d'n'b, drumstep ... a escena techno e minimal cada vez perde máis representación no sector xa que é onde máis se esta a notar a migración ó mundo dixital

Unha das preguntas, que se fai todo o mundo... deixará o vinilo de editarse?

Se nos anos 90 houbo un rexurdir do vinilo gracias á música electrónica, o que se di agora é que as reedicións de discos clásicos de rock, así como a saída o mercado de referencias novas que apostan polo vinilo en lugar do cd, poden aguantar co formato, o caso é saber por canto tempo. Coma todos os negocios, dependerá da demanda. A única esperanza que nos queda é que a día de hoxe o vinilo é o formato con máis calidade de son e mentres continúe así, sempre haberá xente que aposte polo vinilo. Quédanos a esperanza de que xa enterraron o vinilo unhas cantas veces e sempre resucitou ...

Algo que dicirlle aos lectores de galizaelectrónica?

Que continúen apoiando a revista para que poidamos gozar dela por moito tempo e moitas graciñas por perder un pouco do seu valioso tempo lendo esta entrevista. En canto ós lectores que seguen mercando vinilos, que estamos en Lugo e que a nosa web é www.22atico.com. Un saúdo a tod@s

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (3)Add Comment
0
...
escrito por bitxo perro verde , December 04, 2011
la mejor tienda y distribuidora de música que tenemos en esta parte del mundo con un buen trato y con una excelente cantidad de referencias para degustar en tienda smilies/smiley.gif
0
...
escrito por sea bass, December 21, 2011
Mucho ánimo y a seguir creyendo en el plástico. saludos.
0
moito amor e forza
escrito por xakin, January 03, 2012
Ahi tedes un proxecto pequeno pero con grandes repercusións, mantendo o vinilo o nivel que lle corresponde, Moito amor e forza para seguir o voso soño.smilies/cheesy.gif

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy