Como surxe a unión entre Ales Pardo e Daniel Banker?
Por que elixistes o nome de Subsotano?
Pois ese estudio, onde nos coñecemos e pasamos tantos días traballando, estaba situado dous andares baixo terra, co cal nas escaleiras os carteis indicativos poñían segundo baixabas soto e subsoto, co cal como vedes non nos “comimos moito a testa”, jajaja.....
Como definiriades a vosa música?
Ufff!!! É complexo definirse a si mesmo….jaajaja!!!!
Non creo que teña unha definición en concreto. Fusionamos moitos sons de diferentes estilos: Minimal, House, Techno, Deep, Tribal…. De todo o que nos guste….Creo que non nos podemos encadrar en ningún son en concreto, porque na variedade está o gusto e a calidade, ou polo menos iso cremos nós.
Hai algún club ou artista galego que vos influíra na música?
Bueno, clubs moitos, aínda que se temos que nomear un sería o Vademecum en Vigo. Para nós é case “a nosa casa”, é o club onde vivimos as noites máis intensas tanto coma artistas coma espectadores e cremos que é o único club da nosa cidade que se ten preocupado de manter os nosos oídos electrónicos abertos.
Coma artistas pois todos. A verdade é que de todo o mundo aprendes algo e todo o mundo influénciache, axúdache, aconséllache....hai xente moi “pro” no noso entorno de amigos, pero aínda que non sexan “megacoñecidos”, a nós non nos importa, sabemos recoñecer a calidade dun artista, e aquí en Galiza garantímosvos que hai uns 10 tíos moi bos, a moi alto nivel.
Para producir, que aparellos e software utilizades?
O que sexa..jajajaja!!
A ver, no noso estudio hai certos compoñentes que son constantes, coma os computadores, os altofalantes... o resto do equipo está trocando constantemente segundo temos máis cartos, jajajaja!!! Gústanos probar diferentes cousas: máquinas, plugins, secuenciadores... Para así poder decidir que é o que máis nos gusta ou se adapta mellor ás nosas necesidades. Encantaríanos poder telo todo , pero desgraciadamente é un mundo moi caro e permitímonos só as cousas que están ao noso alcance económico.
Agora mesmo temos o seguinte equipo:
Parella Monitores Genelec 8040
Parella Monitores KRK V4
2 portátiles Apple
Tarxeta son Motu Ultralite
Tarxeta son M-Audio firewire
1 sintetizador Acces virus
1 caixa de ritmos Elektron Machine Drum
2 sintetizadores Microkorg
Diversas controladoras MIDI
Plugins de Native Instruments, Linplug, Arturia... Hai demasiados.
Secuenciadores Ableton Live 6 y 7
Explicádenos en que consiste Parafuso...
Parafuso é un Netlabel galego que se formou para coñecer e difundir a electrónica galega dun xeito sinxelo e de balde. Ademais tamén se podería dicir que realmente é un grupo de amigos e coñecidos que intercambiamos gustos e coñecementos pola electrónica e tentamos unirnos coma unha parte máis da escena electrónica galega para que o mundo saiba a boa música que temos na nosa terra.
Como credes que está actualmente a escena de música electrónica en Galiza?
Mal, ajajajaja...
Moitos artistas de gran calidade e poucos clubs e eventos. Tamén cremos que son culpables diso moitos dj's artistas que non fan máis que falar mal dela en vez de tentar mellorala, e un pouco parte do público tamén porque poucas veces o ves apoiando a artistas de aquí se non hai ningún foráneo de por medio na festa, e iso é algo que lle falta por madurar a todo o mundo en xeral aquí na escena galega. Primeiro sempre os de fóra cando non debería de ser así.
Non, en serio, está en decadencia, a escena electrónica tivo o seu boom!!!, pero ultimamente non se aposta moito por ela. Si que hai cousas pero aínda non se converteu nun estándar da escena galega e os artistas non acaban de saír debido ás poucas propostas que se ofrecen. Pero o que importa é non parar, porque rexurdirá coma todo e volverá a ocupar o lugar que lle corresponde, e agardamos poder estar para vivilo.
Cal é a mellor lembranza que tedes das vosas actuacións?
Ver gozar á xente co traballo realizado e que logo cho transmitan dicíndocho ou sinxelamente bailando a nosa música, ver como hai promotores que te valoran polo que fas e que apostan por ti... Garántovos que iso non ten prezo, é unha sensación incríbel, e é o que nos mantén a flote día a día.
Para vos que é máis difícil, pinchar con pratos ou realizar lives?
Pois difícil nada. Jeje!!
É diferente nada máis. Pinchar non é difícil, é cuestión de práctica e esforzo, consideramos máis difícil seleccionar a música axeitada para cada intre, iso é o que máis complicado nos parece. Respecto ao live, pois non é que sexa difícil, senón que ti o fas o difícil que queiras, pode ser sinxelo ou moi complexo, todo depende de ata onde queiras chegar, é algo persoal, coma un reto, son ganas de mellorar, aprender, madurar… O máis importante é que te atopes cómodo co que fas, para poder así realizalo o mellor posible e espremer a fondo tódalas posibilidades que che ofrece o poder facer as secuencias da música en directo.
Cando actuades, facédelo coma unha experiencia persoal ou porque vos gusta ver bailar á xente coa vosa propia música?
Por todo. Cando actuamos, facémolo porque nos gusta facelo en xeral, saír ao escenario é un cúmulo de sensacións e non sempre boas, co que sempre saes coa mentalidade de que pasará… e se o público reacciona ben pois mellor non?... Digamos que é o resultado dun traballo que leva un tempo. A actuación é unha proba para o noso traballo. Ver se encaixan os temas, ver se a xente baila... é complicado obter unha noite perfecta e agradar a todo o mundo, pero niso estamos… jajajaja!!!
Algo que dicirlles aos lectores de galizaelectronica.com?
Pois grazas pola entrevista, e polo apoio recibido de amigos, locais e público en xeral. Agardamos poder avanzar co noso son cara novos horizontes e poder chegar pouco a pouco a máis oíntes.
Polo demais, xa sabedes, que non decaia a música electrónica, hai que mantelo espírito vivo…
Para saber máis: http://www.myspace.com/subsotano



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza